O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"
Amosando publicacións coa etiqueta mitoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mitoloxía. Amosar todas as publicacións

10 de marzo de 2026

O bestiario científico de Anxos Nogueirosa

 

I Premio María Victoria Moreno de Literatura Juvenil 2018
Premio de la Gala del Libro 2019 a la mejor novela juvenil
Obra incluida en la Lista de Honor IBBY 2022
Suso, un rapaz que vive nunha aldea axudando os seus pais nos traballos do campo, séntese moi canso. A nai, preocupada, lévao a un médico e este aconséllalle pasar unha tempada no Sanatorio Marítimo de Oza. Malia as dúbidas inciais do pai, o neno acaba partindo cara á Coruña e ingresa no internado do hospital. 
No tren, terá un choque cun grupo de rapaces algo babecos acausa dun libro, "Liber bestiarium scientificus", que pertencía a unha rapaza chamada Tila. Suso faise co libro e négase a devolvérllelo aos rapaces. No seu lugar, dállo de volta á dona, algo que os rapaces non lle perdoarán.
Xa na residencia, Suso vai coñecendo cada vez máis a Tila. É unha nena pertencente a unha familia rica e ilustrada que lle amosa o contido dun misterioso libro: un bestiario creado pola
súa tía que contén avistamentos e descricións de criaturas máxicas galegas. A obsesión de Tila é conseguir avistar unha desas criaturas, os Homes Mariños, que, segundo se sabe, deberían acudir á costa o día da última noite sen lúa de agosto. Esa noite, os rapaces conseguen saír da residencia sen ser vistos, pero as criaturas non aparecen. Suso confésalle a Tila as súas dúbidas sobre a veracidade das historias e esta incomódase con el e cae enferma. Despois, descobren que aínda queda unha noite máis sen luz debido a que se producirá unha eclipse, polo que, coa colaboración do conserxe, Suso consegue acceder á área do sanatorio onde repousa Tila e lévaa
á praia para ver as criaturas. 
Desta volta, os Homes Mariños si aparecen e os rapaces líbranse de ser pillados polas monxas grazas a que un dos babecos, que andaba na busca da parella, decide non delatalos ao resto do grupo. Finalmente, Tila e Suso sepáranse. Cada un regresa á súa vida. Ata que un día, a Suso chégalle un paquete cun libro dentro cuxa autora é Tila.


14 de xaneiro de 2025

Misterios romanos: ladrones en el foro


Ano 79 d.C. Flavia Gémina, filla dun mariño romano, está a piques de vivir unha emocionante aventura. Ao investigar o paradoiro dun anel que leva o selo do seu pai, Flavia coñece a Jonatán, un neno xudeu, a Nubia, unha nena escrava africana, e a Lupo, o pequeno esmoleiro mudo. A partir de entón, os catro novos amigos comezarán as pescudas para resolver a misteriosa morte duns cans, percorrendo xuntos o foro, a necrópole romana e o porto de Ostia, e o que é mellor, converteranse en moi bos amigos.

Con este primeiro volume comeza a serie  Misterios Romanos, protagonizada por Flavia Gémina e a súa cuadrilla, que ademais de ofrecer  aos lectores entretidas historias de detectives contaranlles como era a vida na antiga Roma.



16 de xaneiro de 2024

Os escaravellos boan á tardiña



A historia comeza cando lle regalan a Xonás Berglund un magnetófono polo seu aniversario. Logo, xunto á súa irmá maior Annika e cun amigo común, David Stenfäldt, veranse envolvidos por misterios e aventuras tras aceptaren coidar durante o verán as flores da Casa de Selander, unha casa deshabitada que deciden explorar e na que atopan unhas cartas dirixidas por Andreas e a súa irmá Magdalena a Emilie no século XVIII. Xonás, Annika e David sentiranse fascinados por un aspecto daquela historia e emprenden unha investigación que os envolverá en aventuras insólitas que incluso chegarán a mobilizar ao país e a institucións estranxeiras.

María Gripe y la literatura de emociones
Recensión en S.O.L.
Guía didáctica en EduCat

6 de outubro de 2023

Crónicas de Narnia


Hai máis de 70 anos, C.S. Lewis creou unha terra de marabillas, fantasía e encantos chamada, Narnia. Desde entón máis de 60 millóns de lectores descubriron este fantástico mundo.

As Crónicas deNarnia son sete novelas de fantasía protagonizadas por catro rapaces de Londres, durante a II Guerra Mundial, que viaxan a Narnia. Un universo paralelo poboado por seres mitológicos, animais parlantes e bruxas malvadas.

Agora vos invitamos a coñecer este mundo marabilloso, podes escoler O sobriño de mago ou O león, a bruxa e o armario. Logo terás a oportunidade de lelos todos e participar no concurso No Día das Bibliotecas falamos de...C.S. Lewis que atoparás na galería do centro a semana que ven

Non deixes de participar, mentres visualizaremos o trailer da película de O león, a bruxa e o armario, primeira obra publicada da saga....disfruta da saga e coñece ao noso autor.

5 de xuño de 2023

Roteiro na comarca de Ferrol de Assur de Francisco Narla

Como lectura final para o club de adultos, nos propuxeron ler Assur pola implicación no roteiro final que teremos o vindeiro mércores 28 de xuño. O autor nos visitara pola lectura de Fierro a finais de maio, pero esta lectura nos presenta unha odisea que pasa pola nosa terra así que...comezade a ler.

Sabíades que os normandos, hoxe denominados vikingos, chegaron tamén á nosa ría e 
que houbo unha cruenta "Batalla do Iuvia" no s.X? 

Animádevos e lede con nos Assur de Francisco Narla e descubriredes unha viaxe interminable que partindo e chegando a Outeiro preto do Ulla, por Compostela, Adóbrica (Ferrol na época), Noruega, Groenlandia, Vinland (América có fillo de Erik o roxo), Inglaterra...

 Ano do Señor de 968. Atraídos polas riquezas dos reinos cristiáns, unha frota de terribles homes do norte ameaza a florecente Compostela, baluarte da Igrexa e a coroa. Ao seu paso, só queda desolación, aldeas devastadas e cinzas humenates. Así sucede en Outeiro, o pequeno pobo no que vive Assur. Arrasadas as súas terras e mortos os seus pais, o raparigo refúxiase nunha única esperanza reencontrarse cos seus irmáns, capturados polos invasores.

No seu camiño cruzarase con Gutier de León, infanzón do conde Gonzalo Sánchez, quen o acolle baixo a súa tutela. Coñecerá a Jesse ben Benjamín, un bondadoso médico xudeu, e a Weland, un mercenario ao servizo dos cristiáns. Grazas a eles, Assur adquire coñecemento sobre a ciencia do seu tempo e penétrase na arte da guerra. Está preparado para encarar o seu destino. Pero, cando tenta rescatar ao seu irmán, na gran batalla de Adóbrica, é apresado e arrastrado ata as xeadas terras dos seus inimigos.

Vontade. Coraxe. Paciencia. De todo iso e máis deberá facer uso Assur para escaparse. Fugitivo, a fortuna esquivarao ata atoparse co navío capitaneado por Leif Eiriksson, fillo do afamado Eirik o Vermello. Con el viaxará ás descoñecidas terras de poñente, onde os máis inesperados perigos agárdanos... Ao mozo Assur arrebatáronlle a súa infancia; logo será capturado, vilipendiado, traizoado, admirado; debaterase entre o amor dunha muller e a soidade e buscará incansablemente aos seus irmáns desaparecidos; pero, por encima de todo, manterá viva a súa maior ilusión: o regreso.

Aquí temén tedes as fotos do roteiro que inclúen as localizacións na ría de Ferrol de Assur e a visita-xantar no Convento de Santa Catalina coa nosa guía improvisada Gabriela, compañeira docente e contadora de historias ademais de José María Campo Valiña, membro do noso club e profesor de historia, cos que fixemos unha visita de arte e historia moi interesante. 


27 de setembro de 2022

Descubrindo a nosa contorna máxica


Neste curso imos falar de moitas lendas, sobre todo as que temos máis preto e para iso imos bucear na memoria dos nosos avós e avóas, ademais de rastrexar as que describe a web Galicia encantada unha das nosas fontes de inspiración favoritas.

Ademais tamén empregaremos Lendo lendas digo versos de García Teijeiro, Galicia encantada; o país das mil e un fantasías de Antonio Reigosa , algunha de Contos colorados de Antonio Reigosa e Xosé Miranda, e deste último Flor da auga.

Quen non coñece as súas historias perde a memoria, e nos non a imos perder.

21 de outubro de 2021

A herdanza do dragón


Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?
Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.

Entrevista coa autora