O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

30 de marzo de 2016

Una casa en Amargura


Cuba, 1882. Una mujer, convertida en esclava, lucha por recuperar sus raíces perdidas.
Misterio llega a La Habana en un barco negrero apresado por ingleses cuando ya la trata está prohibida. El Gobierno colonial la alquila a diferentes amos que, uno tras otro, le cambian el nombre, antes de convertirse en liberta de color y cuidadora de una niña blanca en una casona de la calle Amargura. Pero Misterio fallece y sus amigos descubren, atónitos, que les ha dejado un encargo: ella misma exigió la presencia de cinco almas, dos de ellas desconocidas, en la apertura de su testamento y tendrán que localizarlas. La búsqueda de esas personas desvelará secretos más que sorprendentes.
Una casa en Amargura nos transporta a una Habana poblada de ricos españoles, damas criollas, gallegos, chinos y esclavos africanos, que bulle entre archivos de copistas, estudios de síndicos y singulares domicilios de escribientes callejeros.
Un delicioso paseo por  la vida cotidiana de los amos y los siervos en las elegantes mansiones coloniales y un acertado retrato de las mujeres esclavas en la Cuba española.
Reseña da presentación no Casino Ferrolán en Artabria Dixital



Aquí estamos unha parte do grupo... os demáis morrendo de envexa!!



29 de marzo de 2016

Makinaria


Makinaria de Carlos Negro é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este pode ser o teu libro; un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis límite que o do contaquilómetros que sinala unha ruta suicida; un libro de versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como meta o destino cemiterio.

8 de marzo de 2016

Penúltimas tendencias



Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy.

Proxecto de lectura

1 de marzo de 2016

As palabras poden matar... non si?


Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os que alí malviven. 

Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas calellas labirínticas. 


Cando aparece Silencio, un guedellán que só fala coas mans e coa faciana, ninguén sabe que a súa presenza mudará a vida dun barrio sen soños nin esperanzas, onde ninguén cre nos milagres e cuxos habitantes non miraban adiante e tampouco querían mirar atrás.