.... nos escollemos os seguintes títulos que están á vosa disposición na biblioteca.
O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"
20 de junio de 2024
19 de junio de 2024
De roteiro polo Mondoñedo de Álvaro Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Marina Mayoral, Pascual Veiga e máis
Onte a maior parte dos membros do club de lectura literario e parte do club de manga nos achegamos ata Mondoñedo para visitar a vila berce de tantos persoeiros das letras e a cultura. Nos acompañaron os rapaces do club de lectura do IES de Breamo cos que compartimos as lecturas dos textos de Cunqueiro, Leiras Pulpeiro e Marina Mayoral, percorrimos a vila e descubrimos as marabillas da Catedral, o Museo da Imprenta e a biblioteca do Seminario...., sabíades que logo da invención da imprenta por Gutenberg as dúas primeiras cidades galegas onde trouxeron o artiluxio foron Monterrei e Mondoñedo?
Grazas ao reitor do Seminario puidemos contemplar incunables e unha biblia políglota... toda unha experiencia.
11 de junio de 2024
Roteiro en Mondoñedo sobre Álvaro Cunqueiro
preme na imaxe para ler os textos
O vindeiro martes 18 iniciamos a actividade de final de curso cos grupos de club de lectura e manga celebrando a fantasía de mans de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo. Como fixeramos o curso pasado en Celanova visitaremos a vila xunto co club de lectura do IES Breamo de Pontedeume compañeiros de viaxes literarios.
chapas conmemorativas do roteiro
Esperamos que o tempo nos acompañe nesta visita tan esperada no berce non só do grande fabulista que era Álvaro Cunqueiro; das súas rúas saíron nomes da cultura tan salientables como Pascual Veiga, José Pacheco, Manuel Leiras Pulpeiro, Antonio Nogueira Varela ou Marina Mayoral.
Mondoñedo foi capital dunha das sete provincias do antigo Reino de Galicia ata 1833 e sé episcopal desde o s. XII. Ten o título de "cidade" desde o ano 1156, por concesión do rei Alfonso VII de León e foi declarada Conxunto Histórico-Artístico no 1985, cun casco vello que reflicte o espírito señorial e eclesiástico desta vila “rica en pan, en aguas y en latín”.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)