O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

29 de abril de 2019

Elvira Menéndez e La máquina maravillosa


Elvira Menéndez visitounos para conversar sobre a súa obra La máquina maravillosa, obra reeditada e de plena actualidade pola temática que trata tendo en conta na data na que se escribíu.
Os rapaces disfrutaron coa autora que lles contou a súa experiencia como actriz, guionista...en Barrio Sésamo, La bola de cristal..., e as súas inquedanzas e interese cando era nova.
Todo un pracer!
Grazas a Isabel Armesto da editorial Anaya-Xerais puidemos disfrutar da súa compaña.

26 de abril de 2019

As nosas alumnas nas XVII Xornadas Literarias sobre Joseph Conrad


Parte do grupo do club de lectura de 3ºda ESO presentaron un relatorio sobre Joseph Conrad nas XVII Xornadas Literarias do Concello de Neda e a Universidade da Coruña.
As nosas alumnas Eimi, María, Paola e Elena analizaron a vida e circunstancias do autor que o levaron a escribir a súa obra. Os membros do club de adultos leron O corazón das tebras, O axente secreto e Na liña de sombra.

Recensión en La Voz de Galicia e en Ferrol 360º.
Anuncio na Facultade de Humanidades