O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

28 de marzo de 2017

Misterios romanos


Ano 79 d.C. Flavia Gémina, filla dun mariño romano, está a piques de vivir unha emocionante aventura. Ao investigar o paradoiro dun anel que leva o selo do seu pai, Flavia coñece a Jonatán, un neno xudeu, a Nubia, unha nena escrava africana, e a Lupo, o pequeno esmoleiro mudo. A partir de entón, os catro novos amigos comezarán as pescudas para resolver a misteriosa morte duns cans, percorrendo xuntos o foro, a necrópole romana e o porto de Ostia, e o que é mellor, converteranse en moi bos amigos.

Con este primeiro volume comeza a serie  Misterios Romanos, protagonizada por Flavia Gémina e a súa cuadrilla, que ademais de ofrecer  aos lectores entretidas historias de detectives contaranlles como era a vida na antiga Roma.



25 de marzo de 2017

Visita ao Salón do Libro en Pontevedra e encontro cos alumnos do Club de Lectura do IES Sánchez Cantón



O venres estivemos de viaxe os membros do club de lectura do noso centro. Asistimos a unha representación teatral e visitamos o Salón do Libro en Pontevedra, e como non podía ser doutra maneira nos puxemos en contacto con Anxos Rial, bibliotequeira de recoñecido prestixio, quen nos recibíu con extraordinaria xenerosidade permitindo que os nosos alumnos, membros do club de lectura Pantasmas de Papel, cofraternizaran cos alumnos do seu grupo do club de lectura do IES Sánchez Cantón.
Grazas a este encontro disfrutamos da visita ao seu centro e biblioteca onde intercambiamos opinións sobre libros e literatura degustando unha bola típica da cidade, e agasallos pois os nosos alumnos lles entregaron unha chapa do noso club e un boletín coa escolma das cantigas do noso trobador favorito, Fernando Esquío.
Logo de pasar polo seu museo de ciencias do seu centro nos ensinaron a cidade facendo un roteiro literario.
Vos deixamos a mostra fotográfica do evento eo boletín do roteiro que podedes consultar lendo o código qr.

Moitas grazas aos alumnos do IES Sánchez Cantón e a Anxos e Rosa por tan agradable e agarimosa xornada!!


20 de marzo de 2017

Sombras de novo


Valeria llega a Bline, un pequeño pueblecito en las montañas, dispuesta a comenzar una nueva vida. El pueblo parece idílico. Sin embargo, Valeria pronto descubre que hay algo oscuro que sus habitantes esconden. Además, desde su llegada, posee una extraña habilidad que le revela, en forma de visiones, los secretos que ellos ocultan. Junto a Víctor, un apuesto compañero del instituto por el que empezará a sentir algo, intentará resolver el misterio de Bline. Pero ¿lograrán Valeria y él sacarlo todo a la luz sin poner su vida en peligro?


Una inquietante novela de misterio, amor y poderes paranormales

14 de marzo de 2017

Preparándonos para as Xornadas Literarias de Neda

Deixemos falar ao vento, a última novela de Juan Carlos Onetti, é o fin dun proceso de destrución que vén xestándose varios libros atrás. É a historia do fracaso dun home en tres diferentes circunstancias: como médico, como pintor e como comisario dun pobo de ficción chamado Santa María. Pero é algo máis que iso, eu diría que: Medina é a representación do fracaso do home e que esta é a novela da incomunicación e o desamor. Medina, como o Harry Haller de Hermann Hesse, sente desvinculado do grupo humano e isto faille contemplar ás persoas desde unha óptica exterior: as espida, observa os seus xestos, radiografía as súas actitudes, sempre desde o prisma da desconfianza.Isto non lle fai mellor nin peor que o resto dos personaxes, pero, con todo, a penetrante lucidez de que dá mostra, para profundar na deshumanización e o baleiro da nosa época, convérteo nun símbolo do home actual. A incomunicación e a traizón aparecen como unha constante, e en contraposición obrigada, a soidade e a desconfianza...
Seguir lendo en El País

Biografía de Juan Carlos Onetti no Instituto Cervantes.
Análise da obra no Instituto Cervantes

Julio Cortázar dijo sobre Dejemos hablar al viento y Juan Carlos Onetti:

«Una vez más encontré aquí todo lo que te hace diferente y único entre nosotros.»



Outras propostas de lectura:

 
  




  

28 Días


Varsovia 1943: Mira, una chica de 16 años, sobrevive como puede en el gueto de Varsovia dedicándose al contrabando de alimentos. Su único objetivo es proteger a su hermana pequeña, Hanna. Cuando empiezan a deportar a los habitantes del gueto a los campos de concentración, Mira se une a la Resistencia. Juntos consiguen hacer frente a las SS mucho más tiempo de lo imaginado. 28 días. 28 días en los que Mira experimentará la traición, el sufrimiento y la felicidad. 28 días para vivir toda una vida. 28 días para descubrir el amor verdadero. 28 días para convertirse en una leyenda. 28 días para contestar la mayor de las preguntas: ¿qué clase de persona quieres ser?

Estabamos afeitos a un David Safier humorista en Maldito Karma, Muuu, Una familia feliz..., non esperabamos que se adentrase nun mundo tan tenebroso como o da II Guerra Mundial e a ocupación de tantas cidades, algo que non nos é alleo nestes tempos que vivimos.
A historia do noso mundo temos que coñecela para non caer nos mesmos erros, por iso vos propoñemos esta historia que conta con todos os elementos que vos gustan: misterio, loita pola liberdade, amor, amistade...

Comezar a ler

Recensión en RTVE
Recensión en Un libro para esta noche
Recensión histórica sobre a invasión de Polonia

Esperamos que disfrutedes dela!


  • El escritor alemán fue autor del humorístico éxito de ventas Maldito karma 

  • Su última novela, 28 días, da un giro y trata la tragedia judía bajo el nazismo

  • Durante doce semanas ha sido el número uno de las listas en Alemania



8 de marzo de 2017

A cacería


Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta todo mudou moito máis do que cabería imaxinar: desapareceron da aldea as mulleres e os rapaces, enxergando un futuro incerto. 

Que pasou? Ou mellor, para que pasou? E que se pode facer? 

O Consello de Sabios deberá tomar decisións rápidas e axeitadas para impedir a extinción da súa raza.
Neste relato trepidante, o protagonista atopará un amor fermoso e incondicional. Será capaz de enfrontar o medo de loitar cos inimigos, a tensión provocada polas traizóns e a incomodidade destas aventuras de a cabalo, nas que as tradicións ancestrais propias colaboran con outras culturas distintas de alén mar. 
A cacería é unha narración épica de aventuras, localizada nun tempo e espazo míticos, onde un pobo loita pola súa supervivencia, da man dun guerreiro que vemos evolucionar de neno a heroe.
E logo da lectura, o encontro co autor! 


Premede na imaxe se queredes ver todas as fotos do encontro.