O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

30 de noviembre de 2010

Chamando ás portas do ceo




Desde o Club de lectura Arao no IES Pedra da Guía chéganos esta obra de Jordi Sierra i Fabra outro dos nosos clásicos mooi queridos na nosa biblioteca, e non só nos prestan as obras senón tamén empregamos o seu GLOSTER.
Moitas Grazas aos compoñentes do club e a Emilio!!!

Silvia, estudante de Medicina, marcha á India para traballar como cooperante durante o verán nun hospital situado nun perdido lugar do mundo. Ao facelo, enfrontáse cos seus pais e co seu noivo, e toma así, seguindo o seu instinto e o seu corazón, unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de pensar. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá a cabalo non de dous, senón de tres mundos: por un lado Arturo, que a espera en España; por outro Leo, o médico, cooperante coma ela, capaz de renunciar a todo por estar alí; e, finalmente, Mahendra, o hindú que garda o máis doloroso dos segredos e que a introducirá nun novo horizonte sen fronteiras.

14 de noviembre de 2010

1ª sesión do club de lectura de adultos: benvida a tod@s


Seis mulleres moi diferentes entre si asisten a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero onde, ao mesmo tempo, toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dá a voz a estas mulleres que, dende as súas diferenzas, conseguen encontrar na unión a forza necesaria para sobrepoñerse a un presente que as nega ou menospreza. Cun estilo áxil que fai da lectura unha experiencia entretida e, ás veces, mesmo hilarante. A autora del club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda fannos partícipes da súa historia dende un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.

María Reimóndez, nacida en Lugo en 1975, é tradutora e intérprete de profesión. Tamén é fundadora e presidenta da ONG Implicad@s non Desenvolvemento e columnista en Vieiros. Deuse a coñecer en 2002 co poemario Moda galega. Dende entón publicou Caderno de bitácora (2004), polo cal recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo 2003, Usha, novela xuvenil que foi finalista do premio Merlín 2005 e, por último, O club dá calceta (2006), finalista do Premio Xerais de Novela 2005.

Trailer da película

Entrevista coa autora:

2 de noviembre de 2010

A droga da obediencia

No segundo grupo iniciamos a nosa andaina con esta obra de Pedro Bandeira: La droga de la obediencia. Para a súa presentación lembrade o voso portugués.

Dela lemos: "Non hai escravo máis desgraciado e servil que aquel que non é consciente da súa situación e crese libre. Non hai dominador máis poderoso que aquel que goberna a tales súbditos. Baixo a fórmula de unha nova droga que controla vontades, Pedro Bandeira está a alertar sobre todo aquilo que nas nosas sociedades supostamente democráticas lévanos a escravizarnos: as drogas, por suposto, pero tamén sutís mensaxes políticas,o consumismo, o hedonismo, o desexo de borrar calquera dor ou sufrimento nas nosas vidas...Non é unha historia de ciencia-ficción senón de realidades cotiás. Aínda que envolvidas nunha emocionante trama detectivesca na que un grupo de rapaces, van encontrando pistas que lles levan a desvelar os misterios que a policía non hai logrado resolver. Non faltan tampouco o perigo físico, os códigos secretos nin os disfraces. A diversión está garantida e o lector avisado pode poñer a proba os seus dotes dedutivos e indutivos, porque o autor é xeneroso e pon as cartas sobre a mesa, só hai que estar atento e non desperdiciar ningún detalle."
Podedes ler o primeiro capítulo.

1 de noviembre de 2010

La hija de la noche


 

La hija de la noche es la primera lectura del 1º grupo de nuestro club de lectura. En esta ocasión nos embarcamos en una historia de misterio de la que la autora nos cuenta que el título inicial iba a ser "Sed", muy sugerente para el contenido. Fueron los lectores quienes finalmente eligieron este otro.

En el cartel tenéis información variada sobre la obra, aquí os dejo un comentario y espero los vuestros:

"Esta historia se me ocurrió después de ver en el cine Blade II. Hubo una escena que me llamó mucho la atención; no era más que un momento en la película, pero yo pensé que era un buen punto de partida para un libro. No puedo decir de qué secuencia se trata porque revelaría una parte muy importante de la trama del libro, así que…"

Algunos de los seguidores de la autora se han animado a enviarle alguna ilustración sobre la obra, ¿cual os gusta más?