O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

30 de junio de 2013

Porque nas vacacións tamén lemos: El paraíso de las damas


Unha moza orfa, Denise, chega a París con intención de buscar traballo. Recorre a un tío seu que ten unha lenzaría. Non obstante, a tenda de tecidos, como todos os pequenos comerciantes, está a empezar a resentirse debido ás innovacións que trouxeron os grandes almacéns. Denise vese obrigada a entrar a traballar como dependenta nunhas galerías, cuxo propietario, Octave Mouret, se namora dela. O nacemento dunha nova era comercial e o amor entre clases sociais nun gran clásico do mestre Zola que ademais non está tan alonxado da actualidade.
El paraíso de las damas é unha obra que forma parte da serie Les Rougon-Macquart, composta por vinte novelas. Esta é a número once, pero pode lerse de xeito independente, xa que é unha historia completa e conclusiva. Publicouse por primeira vez en 1883. Coa maestría do autor detállase con frecuencia, entre outras cousas, a mercadoría da tenda, e así temos unha asoballante exhibición de sedas, muselinas, encaixes, pasamanería, luvas, calcetería, tartáns, perfumes... ademais disto, reflíctese a introdución de técnicas de mercadotecnia que a día de hoxe nos parecen completamente normais, como as rebaixas, as devolucións de compras, as comisións dos empregados, o escaparatismo ou a publicidade.
Todas as tramas e subtramas formuladas na obra resultan igualmente interesantes e as descricións que mencionaba antes non fan máis que enriquecela.


Se nos trasladamos ao París real do século XIX, Aristide Boucicaut adquiriu unha pequena tiendecita a beiras do Sena á que chamou Le Bon Marché. En 1852 xa era un comercio algo máis grande do normal. Contaba entón con doce empregados e continuou crecendo ata converterse nun dos negocios máis grandes do mundo. Neste lugar baseouse Zola para describir El Paraíso de las Damas que nos presenta na súa novela. A día de hoxe, o edificio segue en pé e moi ben conservado.

Recensión no blog ¿Qué libros leería Jane Austen?