O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"
Habitaciones cerradas es la narración de unos
tiempos dorados en la Barcelona de entre siglos, con una referencia a épocas
actuales. Un retrato social de una ciudad y de una familia, totalmente creada
por la autora, y que diluye en enclaves y hechos simbólicos de los primeros 30
años del siglo XX de la ciudad. Amadeo Lax, hijo mayor de Maria del Roser
Golorons, vive en un precioso palacio del actual Paseo de Gracia. Su fama de
derrochador y mujeriego es sobradamente conocida y consentida por su madre y
familia. Pintor de fama aclamado por la crítica, es un señor adinerado con un
gran imperio comercial y que se casa con Teresa, a la que dejó enamorada en una
sesión de retratos de familia cuando era aún una niña. Su vida, a pesar de esa
atadura, sigue por los mismos derroteros que antaño. En los tiempos actuales,
una nieta de él, Violeta, encargada de proteger y dar a conocer la obra de su
antecesor, descubre por casualidad un secreto bien guardado desde hace más de
70 años. Y la percepción que tiene de esa figura emblemática a la que dedica su
vida, ese Ciudadano Kane de principios de siglo en la Ciudad Condal, se verá
transformada de repente.
Apasionante y adictiva, Habitaciones cerradas entremezcla
misterios familiares y el escenario más seductor: una ciudad cambiante y
moderna que explosiona con la llegada de la II República. Un gran fresco
histórico y social que, como en La Sombra del Viento o El
tiempo entre costuras, engancha y no te suelta.
Seguimos coa homenaxe a este autor tan querido por todos
nos, nesta ocasión con dúas propostas: Cartas
de inverno e Aire
Negro para os grupos maiores e Contos por palabras para as novas incorporacións ao noso club este curso.
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier
Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira
na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os
estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier
a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán
que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen
de imaxinar. A narración está estruturada ó xeito das monecas rusas: unha voz
(en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira), que a súa vez dá
paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha
recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno
recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995.
Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na
clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha
muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito
compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún
naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor conseguirá que
Laura rememore o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra
parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban
abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da
tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión
propicia para destruírnos.
Con referencias explícitas a autores como Jung, Henry James,
Rosalía, Conrad ou Lovecraft, Aire negro mestura elementos dos
xéneros fantástico e de terror para construír un thriller absorbente.
Unha intensa e desacougante historia de amor, narrada cun uso maxistral do
suspense e da intriga, que mantén a tensión ata a liña derradeira.
Este libro consta de oito contos. A súa característica é que
todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais."Unha
chave non é suficiente" é o que abre o libro.
Nel cóntase a aventura dun
home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que "se duplica
calquera chave, con ou sen mostra"."
O caso do unicornio azul"
conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para
atopar parella axeitada.
"Vanesa e o anuncio da televisión" conta a
historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da
televisión.
"Un artista de neon": un fabricante de rótulos luminosos
teima en modificar o mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desastrosos.
Un vampiro pode ser o empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se
nos conta no relato
"O caso do estraño empregado" Spíderman ou o
home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer
ás ofertas dos anuncios por palabras.
Isto é o que se narra en "Ser
superheroe non é doado" e "Noites de lúa chea"."O libro das
infinitas historias", o conto que cerra o volume, relata a incesante
procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro
de máxicas propiedades.
Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe
a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se chamará As
fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun
hostal solitario, nas terras da Fonsagrada, na zona montañosa de Lugo. É
inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres
hóspedes.
Ao terceiro día da súa chegada, comeza a nevar. É unha
tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o
fluído eléctrico e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas
historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta
ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas.
A neve interminable é unha novela onde o
misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais que
acompañan ao ser humano desde o principio dos tempos e tamén aqueloutros
orixinados pola desorde mundial deste século XXI.
Este 13 de setembro celebrouse o 100 o aniversario do nacemento dun dos máis grandes escritores de literatura infantil (e para adultos, claro) que existise xamais. Roald Dahl (1916-1990) é todo un mito.
Británico de orixe norueguesa, é o creador de, entre outros, 'O Superzorro', 'Charlie e a fábrica de Chocolate', 'Matilda' ou 'James e o Pexego Xigante', e unha amplísima influencia na literatura xuvenil actual. A pesar da súa condición de celebridade pola cantidade de best-sellers para nenos, 'Relatos do Inesperado' é a proba de que Dahl tamén conseguiu ser moi respectado entre os lectores adultos, e un mestre absoluto do relato curto.
'Relatos do Inesperado' é unha antoloxía de relatos (non a única, tamén destaco 'A Vinganza é Miña S.A.') que inclúe 16 historias a cal máis intrigante, chea de humor negro e rebosante dunha prosa minuciosa e efectiva. Unhas historias que abrigo, falan da maldade do ser humano. Explota as súas miserias cunha ironía que resulta aínda máis adecuada que se Dahl limitouse simplemente a recrearse na melancolía. Para iso, pon como escenarios principais as apostas, a vinganza, os rancores, a avaricia e a perversidade en xeral.
Un aviso importante: 'Relatos do Inesperado' non é un libro para todo o mundo. É preciso embriagarse da atmosfera que se propón, é necesario que nos caia simpática a perversidade e o morbo que se erixen realmente como verdadeiros protagonistas do conxunto. Na maioría das ocasións, as pasaxes que se narran son tan visuais e descritivos (abrigo porque o narrador adoita estar en terceira persoa), que combinados con esa fina mestura de ironía, cinismo, sarcasmo e ata nihilismo, que logran establecer unhas bases literarias insuperables. Roald Dahl malgasta impacto, talento e un espírito observador neste libro. Lerlle é aprender, é xogar ao seu xogo e volvo repetilo: máis que unha lectura, é unha experiencia.