O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

26 de enero de 2010

Ás de bolboreta


Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes de Ás de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009.
O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño…
Reseña de Rosa Aneiros en Xerais

14 de enero de 2010

El polizón del Ulises

Jujú pasa as tardes no faiado da casa, que se converteu no seu barco, o «Ulises», a señorita Florentina (unha pomba) e o seu fiel Contramestre (un cadelo) acompáñanlle en todas as súas aventuras. Os días de Jujú son aburridos máis ben. Criárono tres tías solteironas, que o encontraron nunha seira fronte á porta de casa e só espera a hora da sesta para escapar ao «Ulises». Pero un bo día, a súa vida vese alterada pola entrada dunha polisón no seu barco-faiado. Un mariñeiro que se escapou das autoridades. Primeiro asustado e obrigado, pero coa íntima convicción de que o xusto é axudar ao polisón, Jujú axúdalle. Lévao comida e cúrao unha ferida. Pouco a pouco vanse facendo amigos e empezan a planear unha fuxida xuntos...

Entrevista coa autora.
A autora, Ana Mª Matute, con catro anos xa imaxinaba as súas historias e as reflexaba nos seus dibuxos.
Si queres ser escritor sigue o Decálogo para ser escritor da autora.
Páxina oficial da autora.