O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

27 de marzo de 2019

De Baleas con Eduardo Estévez



Na semana da poesía tivemos o pracer de contar con Eduardo Estévez, poeta, editor, obrador de papiroflexia e conseguidor de feitizos máxicos.
Falounos dos atrancos que tivo para sacar esta obra sobre as Baléas, o inicio, a idea, como lle encheron o espíritu e nolas aniñou cun grande abrazo.
Seguimos soñando coas baléas e coñecendo o resto da súa obra na web Lúa gris.

26 de marzo de 2019

Xornadas Literarias e Joseph Conrad


As Xornadas Literarias que organiza o Concello de Neda este ano adicanse a Joseph Conrad ( Teodor Józef Konrad Korzeniowski; Berdiczew, 1857 - Bishopsbourne, 1924), novelista británico de orixe polaca considerada un dos máis grandes escritores modernos. 
Fillo dun nobre polaco, quedou orfo aos once anos e estivo baixo a tutela da súa avoa e o seu tío paternos. Aos dezaseis abandonou Polonia rumbo a Marsella, onde iniciou a súa andaina como mariño mercante, que o levaría nunha primeira etapa a comerciar con armas para as tropas carlistas españolas e a un intento de suicidio.
Ante a imposibilidade de chegar a oficial na mariña francesa e fuxindo do perigo de ser recrutado polo exército zarista (era súbdito ruso da Polonia ocupada), trasladouse a Londres en 1878, sen saber inglés. Dous anos despois aprobou o exame que o converteu en segundo oficial da mariña mercante, e seis anos máis tarde o que lle proporcionaría o grao de capitán, case á vez que pasou a ser súbdito británico. Navegou durante toda a década seguinte, particularmente polos mares do sur, o arquipélago malayo, África e o río Congo, experiencias que se reflectirían na súa obra posterior.


Conrad non comezou a escribir ata 1889, en que deu inicio á tolemia de Almayer (1895), que non terminaría ata cinco anos máis tarde, durante os cales aínda continuou navegando, actividade que abandonou definitivamente en 1894. O éxito, con todo, tardou en chegarlle; foi con Chance (1912), da que se venderon máis de 13.000 exemplares en dous anos, a pesar de que desde o principio os seus libros foron ben recibidos pola crítica. Aínda que a maior parte das súas narracións teñen como pano de fondo a vida no mar e as viaxes a portos estranxeiros, a súa non é unha literatura de viaxes en sentido estrito. Estes constitúen, para Conrad, o ámbito no que se desenvolve a loita dos individuos entre o ben e o mal, o escenario no que se proxectan as súas obsesións e, en particular, a súa soidade, a súa escisión e o desarraigamento (a súa condición de polaco oprimido primeiro e logo exiliado debeu deixar forte sinal no seu carácter)

Recensión de Javier Marías sobre Joseph Conrad a quen consideraba ó escritor "o artista perfecto" e El corazón de las tinieblas
Recensión sobre El corazón de las tinieblas

Algunhas das súas citas:
  • A mente dun home é capaz de todo, porque todo está nela, o pasado e o futuro.
  • Crin que era unha aventura e en realidade era a vida.
  • Vivimos como soñamos, sólos.  
  • A crenza nalgún tipo de maldade sobrenatural non é necesaria.

Memoria do silencio



Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943.
Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. 
Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. 
Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. 

Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial. Eva Mejuto regresa á narrativa xuvenil con Memoria do silencio, finalista do Premio Jules Verne, logo da súa incursión con 22 segundos (Xerais 2017).

Eva Mejuto: «Paréceme moi importante que a rapazada de hoxe en día teña referentes positivos da nosa historia». Entrevista no «ZigZag Diario» sobre: «Memoria do silencio»
A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 04:37″.


Aquí estamos coa autora cando fomos ao Salón do Libro de Pontevedra.


5 de marzo de 2019

La máquina maravillosa


En el año 2090, en una ciudad burbuja aislada del mundo exterior, viven, entre otros muchos seres humanos, cuatro niños amigos llamados Sara, Elena, Pablo y David.  Dentro de dicha cápsula, los críos se sienten encerrados y aburridos de su monótona rutina. Poseen robots que hacen de todo y sistemas automáticos que facilitan la más estúpida tarea.
Pero todo cambia cuando los amigos, gracias a la curiosidad que les despierta un libro (objeto muy mal visto en esa sociedad) de Sara, deciden salir al exterior. Para ello necesitarán despistar a sus padres, y por eso acudirán a un viejo y amable anciano, don Bonifacio, un excéntrico inventor que además de descubrirles el delicioso chocolate o el divertido juego de las construcciones, les proporcionará una máquina para entretener a los adultos. 

Así los niños lograrán salir al exterior de la burbuja y descubrirán un apasionante mundo con hierba no sintética, preciosas flores naturales y variaciones de temperatura, donde podrán jugar sin necesidad de teclas y robots, y descubrirán la belleza y el placer de la vida natural, con todo lo que la misma conlleva. Bonifacio también disfrutará de la aventura, y a partir de entonces, nada volverá a ser igual...

Guía de lectura

¡Publicado en los años 80 es una obra para meditar y de rabiosa actualidad, en una época en la que contamos nuestras amistades cibernéticas más que las humanas!