29 de junio de 2023
13 de junio de 2023
Roteiro á Celanova de Curros e Ferreiro
5 de junio de 2023
Roteiro na comarca de Ferrol de Assur de Francisco Narla
Como lectura final para o club de adultos, nos propuxeron ler Assur pola implicación no roteiro final que teremos o vindeiro mércores 28 de xuño. O autor nos visitara pola lectura de Fierro a finais de maio, pero esta lectura nos presenta unha odisea que pasa pola nosa terra así que...comezade a ler.
que houbo unha cruenta "Batalla do Iuvia" no s.X?
Animádevos e lede con nos Assur de Francisco Narla e descubriredes unha viaxe interminable que partindo e chegando a Outeiro preto do Ulla, por Compostela, Adóbrica (Ferrol na época), Noruega, Groenlandia, Vinland (América có fillo de Erik o roxo), Inglaterra...
No seu camiño
cruzarase con Gutier de León, infanzón do conde Gonzalo Sánchez, quen o acolle
baixo a súa tutela. Coñecerá a Jesse ben Benjamín, un bondadoso médico xudeu, e
a Weland, un mercenario ao servizo dos cristiáns. Grazas a eles, Assur adquire
coñecemento sobre a ciencia do seu tempo e penétrase na arte da guerra. Está
preparado para encarar o seu destino. Pero, cando tenta rescatar ao seu irmán,
na gran batalla de Adóbrica, é apresado e arrastrado ata as xeadas terras dos
seus inimigos.
Vontade. Coraxe.
Paciencia. De todo iso e máis deberá facer uso Assur para escaparse. Fugitivo,
a fortuna esquivarao ata atoparse co navío capitaneado por Leif Eiriksson,
fillo do afamado Eirik o Vermello. Con el viaxará ás descoñecidas terras de
poñente, onde os máis inesperados perigos agárdanos... Ao mozo Assur
arrebatáronlle a súa infancia; logo será capturado, vilipendiado, traizoado,
admirado; debaterase entre o amor dunha muller e a soidade e buscará
incansablemente aos seus irmáns desaparecidos; pero, por encima de todo,
manterá viva a súa maior ilusión: o regreso.
Aquí temén tedes as fotos do roteiro que inclúen as localizacións na ría de Ferrol de Assur e a visita-xantar no Convento de Santa Catalina coa nosa guía improvisada Gabriela, compañeira docente e contadora de historias ademais de José María Campo Valiña, membro do noso club e profesor de historia, cos que fixemos unha visita de arte e historia moi interesante.