O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

28 de abril de 2026

El desorden que dejas

La novela premiada es un intenso thriller psicológico protagonizado y relatado en primera persona por Raquel, una joven profesora de literatura en horas bajas que acepta una suplencia en un instituto de Novariz, el pueblo de donde, casualmente, procede su marido.

En su primer día de trabajo, la joven se entera de que Elvira, su predecesora, se ha suicidado y al finalizar las clases encuentra en su bolso una nota que dice: «¿Y tú cuánto vas a tardar en matarte?».

Decidida, Raquel intentará averiguar quién está detrás de esa amenaza, e inevitablemente se empezará a obsesionar con la antigua profesora.

¿Qué le ocurrió? ¿Qué la llevó a la depresión si los alumnos la adoraban? ¿Realmente se suicidó o alguien acabó con su vida? ¿Se está repitiendo el mismo patrón con ella? Y sobre todo, ¿por qué de repente algunos indicios apuntan al marido de Raquel?

Una novela que arranca como una historia de acoso a una profesora para convertirse enseguida en un thriller perverso y apasionante. Una disección de la debilidad humana. De la culpa.

De la fragilidad de las relaciones. Y de las mentiras y secretos sobre las que montamos nuestras vidas sin calibrar ni ser conscientes de las consecuencias.

21 de abril de 2026

Morgana en Esmelle


Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. 

Na novela de Begoña Caamaño, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente? Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea.

14 de abril de 2026

Os fíos de Begoña

 

A vida de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, foi un fío extraordinario que se pode seguir nas páxinas desta biografía ilustrada. Desde a súa infancia inventando xogos ata converterse nunha das voces máis importantes da radio, do activismo e da literatura galega, Begoña loitou sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade, tecendo redes de amizade e escribindo. Nas súas obras, deulles voz e puxo no centro a mulleres que a literatura deixara nun segundo plano. O fío de Begoña rompeu cedo de máis, pero os fíos da memoria permanecen e manteñen vivo o legado dunha figura clave na cultura galega contemporánea.

13 de abril de 2026

XXI Xornadas Literarias do Concello de Neda: Galician Noir

 
As Xornadas Literarias sempre son moi interesantes pero nesta ocasión contar con Arantza Portabales, Marta Villar, Rober Cagia, Diego Ameixeiras, Óscar Reboiras, Pedro Feijoo e Isabel Ramos Breijo ao lado das nosas rapazas do club de lectura de 2º ESO, é todo un pracer.




9 de abril de 2026

A dama de Anboto

 
Ao entrar na cova de Anboto, nos montes de Euskadi, pódeste atopar coa deusa Mari, unha fermosa muller que habita nela. Cómpre que sexas sincero se che pregunta, porque se lle mentes quitarache o que negues. Porén, se lle dis a verdade, concederache o que máis desexas. 

O cadáver dunha muller aparece moi preto de Portomarín, Lugo. A inspectora Galdós e o seu compañeiro Martín Lasarte descobren que a súa identidade se correponde coa de Deva Varela, desaparecida en Arrasate, Guipúscoa, no solsticio de verán sete anos atrás. Agrándase o misterio ao saber que a súa irmá, Amalur, tamén desapareceu na mesma data, vinte e oito anos antes, no monte de Anboto. 

A investigación policial levaralles de Galicia a Euskadi para descubrir que se agocha tras tantos anos de silencio. Que lle sucedeu a Amalur? È posible que aínda siga con vida? Cada vez hai máis interrogantes, máis a verdade está a piques de saberse e ninguén está preparado para ela. Ou si? si?