No século XI, nun contexto no que o rei Afonso de Galicia, Castela e León acababa de entrar
vitorioso en Toledo mentres continuaba a loita contra os árabes no sur da Península, o bispo
de Iria, Páez, manda copiar unhas miniaturas nas que se narra o traslado dos restos mortais do
apóstolo Santiago a Compostela. Os pergameos, que se depositan na biblioteca da catedral,
son roubados unha noite e o mozo crego Xelmírez é detido, acusado de ser o autor do roubo
por se atopar no lugar dos feitos. Porén, Páez, malia temer a Xelmírez por velo coma un competidor
que puidese arelar o seu posto coma bispo de Iria, desconfía que o roubo do códice foi
obra do rei Afonso, polo que envía a Xelmírez en misión a Toledo para roubarlle, á súa vez,
o códice ao rei, pois neste, ademais, se atopa un acordo de Páez con Guillermo o Normando
para traer tropas súas e derrocar a Afonso. Xelmírez, antes de partir, descobre que o nobre
Froila Vermúdez foi o cómplice necesario do rei Afonso para roubar o códice. Disfrazado de
comerciante, Xelmírez viaxa a Toledo. Nesta cidade coñece a Belida, unha misteriosa muller
medio meiga, que lle aventura que na súa misión se enfrontará a un gran perigo no que terá
que optar.
Proxecto de lectura