O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

27 de marzo de 2015

O códice do Santo Lugar


No século XI, nun contexto no que o rei Afonso de Galicia, Castela e León acababa de entrar vitorioso en Toledo mentres continuaba a loita contra os árabes no sur da Península, o bispo de Iria, Páez, manda copiar unhas miniaturas nas que se narra o traslado dos restos mortais do apóstolo Santiago a Compostela. Os pergameos, que se depositan na biblioteca da catedral, son roubados unha noite e o mozo crego Xelmírez é detido, acusado de ser o autor do roubo por se atopar no lugar dos feitos. Porén, Páez, malia temer a Xelmírez por velo coma un competidor que puidese arelar o seu posto coma bispo de Iria, desconfía que o roubo do códice foi obra do rei Afonso, polo que envía a Xelmírez en misión a Toledo para roubarlle, á súa vez, o códice ao rei, pois neste, ademais, se atopa un acordo de Páez con Guillermo o Normando para traer tropas súas e derrocar a Afonso. Xelmírez, antes de partir, descobre que o nobre Froila Vermúdez foi o cómplice necesario do rei Afonso para roubar o códice. Disfrazado de comerciante, Xelmírez viaxa a Toledo. Nesta cidade coñece a Belida, unha misteriosa muller medio meiga, que lle aventura que na súa misión se enfrontará a un gran perigo no que terá que optar. 


Proxecto de lectura



No hay comentarios: