Como ven sendo habitual, a derradeira sesión do grupo de adultos a fixemos diante do mantel nun local fantástico con vistas á ría de Ferrol, nesta foto estamos na sobremesa enriba do pantalán do Nautic en A Graña, cos rapaces levamos uns xelados, a ver se non se celan.
Establecimos os intereses para o novo curso e fixemos análise e recapitulación das lecturas do curso.
Moitas grazas aos asistentes, botamos en falta a tres que non puideron vir,
e cargade as pilas para o curso que ven.