O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

31 de marzo de 2013

Xornadas Literarias: Thomas Mann

Nas Xornadas Literarias organizadas polo concello de Neda xunto coa Universidade da Coruña deste ano, achegámonos á figura de Thomas Mann (1875-1955) polo que imos ler unha das máis célebres obras curtas do autor: La Muerte en Venecia (1912) na que describe as vivencias do escritor Gustav Von Aschenbach, metódico e exitoso; pero que perdeu a inspiración. A fins do verán, viaxa a Venecia co fin de reencontrar o instinto literario, pero queda atrapado nunha cidade cercada pola cólera. A presenza dunha familia polaca e en especial dun dos fillos, Tadzio, axitan o seu repouso.

Na versión cinematográfica, igualmente célebre, Luchino Visconti pon en imaxes esta turbadora historia, pero en lugar de escritor o personaxe principal é músico, tal vez unha copia de Gustav Mahler, obra que sempre recordaremos unha vez que vexamos a impresionante chegada a Venecia acompañada co Adagietto da 5ª Sinfonía.
 
Obra para ler online desde Ciudad Seva.
Reseña sobre a obra en Libros y Literatura.
Película de Visconti en You tube.