O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

22 de diciembre de 2020

Infamia

 Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir.

 Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos? 

Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor, odio e loucura. Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e adictiva.



"Se a alma tiña forma física, a súa era un conxunto de buracos negros por onde se lle escapaban as ganas de vivir."

"O frío foi instalándose en  Merlo como unha nova parella que non pide permiso. Un día deixa na túa casa un par de libros porque necesita sentir que ese lugar perténcelle un pouco. Semanas despois  libara un caixón e mete algunha roupa. Acomódase nun sitio concreto do sofá e escolle un lugar  na mesa da cociña que xa  nunca vai abandonar. De súpeto, xa non existen os límites. Nin sequera lembras moi ben como era todo antes da súa chegada."

"O amargo non é a liberdade, senón as decisións que hai que tomar para conseguila."


21 de diciembre de 2020

Pulsaciones

Elia se acaba de despertar de un coma y está un poco perdida. Lo último que recuerda es un concierto y una frase: "No puedo devolverte la canción, pero puedo mostrarte cómo danzan los peces". Ahora que sus padres le han comprado un Smartphone, Elia por fin tiene acceso al Heartbits (un programa en la línea del WhatsApp) y los lectores somos testigos de todas sus conversaciones. Con la ayuda de su mejor amiga, Sue, Elia intentará recuperar los tres días que ha olvidado y, mientras tanto, conocerá a Tommy, un estadounidense que viene de intercambio a España; a Marion, una chica con media cara quemada que asiste a su terapia de grupo, y a Phoenix, un desconocido al que le encantan los aforismos.







A balada dos unicornios

A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.

"Nacín unha tarde de setembro. De pequena o que máis me gustaba era ler, arrincarlle os cables ás bonecas e visitar cemiterios. Estou convencida de que os libros que devorei sendo unha nena marcaron de xeito irremediable o meu futuro. Por algunha razón que aínda non comprendo, estudei Dereito. Exercín uns anos como avogada, pero desde hai xa tempo dedícome por completo á literatura, cousa que me fai moi feliz. Sigo visitando cemiterios, todos os que podo. Teño centos de fotos en cemiterios de distintos lugares do mundo.
Gústanme as historias de meigas, pantasmas e mortos. Son unha lectora apaixonada de autores como Agustín Fernández Paz, Neil Gaiman, Angela Sommer-Bodenburg, Astrid Lindgren ou Philip Pullman. O meu director de cine favorito é Hayao Miyazaki e a miña serie de animación de referencia Dragon Ball, baseada nun manga escrito e ilustrado por Akira Toriyama. Teño devoción polas ilustracións de Ana Juan e Nicoleta Ceccoli. 
Non sei cantas historias me quedan por escribir. Agardo que varias ducias. A miña intención é seguir dando o mellor de min en cada libro. Porque as mellores historias son as que se escriben coa cabeza pero, sobre todo, co corazón."

15 de diciembre de 2020

La sombra del viento

 
O Cemiterio dos Libros Esquecidos, o cuarteto de novelas que arrinca coa Sombra do Vento e segue co Xogo do Anxo, converteuse na gran saga novelística en curso do noso tempo. 

A lenda comezaba no ano 2000, cando Ruiz  Zafón culminaba a súa primeira novela para adultos e estaba a piques de dar a coñecer un libro máxico que cambiaría o panorama literario, e que hoxe segue gañando o corazón de miles de lectores en todo o mundo. Un amencer de 1945, un raparigo é conducido polo seu pai a un misterioso lugar oculto no corazón da cidade vella: O Cemiterio dos Libros Esquecidos. Alí, Daniel Sempere atopa un libro maldito que cambia o rumbo da súa vida e arrástralle a un labirinto de intrigas e segredos enterrados na alma escura da cidade.

Recensión en The Huffington Post

Web oficial

Entrevista con Carlos Ruíz Zafón en RT e en PáginaDos de RTVE

O corazón de Xúpiter

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.

Lamentablemente os temas que inclúe a novela non son alleos á mocidade nos institutos hoxe día: acoso escolar, adolescencia, amizade, amor, delincuencia ou internet.

Esta obra levou o Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2012 e o Premio Asoc. de Escritores en Lingua Galega (Infantil/Xuvenil), 2012.

O corazón de Xúpiter! from SonCine on Vimeo.