O pasado martes 11 de febreiro Ana Alonso visitounos para falar da súa saga máis coñecida, La llave del tiempo cos alumnos de 4º da ESO e os membros do club de lectura maiores por un lado e de El secreto de If para os membros do club de lectura máis novos.
Pero non só describíu o xeito de escribir a saga, de como compartíu o traballo con Javier Pelegrín, senón a razón dos nomes dos protagonistas, as súas viaxes, os mundos onde se instalan, tamén desvelounos moitos datos desta distopía na que uns rapaces novos viven unha experiencia sobrecolledora... estamos todos vendoa xa na nosa cabeza como unha película!
Tamén os rapaces do club de lectura de 1º da ESO tiñan preguntas sobre como e cando descubríu as gañas de escribir, o que lía cando era nova, explicando como se inspirou na literatura clásica, La vida es sueño de Calderón, para empezar a historia con unha rapaza embozada iniciando unha viaxe chea de perigos...
Todas as obras que lemos son o producto do que os autores leron cando eran novos, non podemos esquecer a nosas lecturas, a nosa vivenza como lectores.
Somos o que temos lido!
E se queredes coñecer máis obras da autora, non deixedes de entrar en Yinn!