O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"
11 de marzo de 2020
Visita de Manuel Rivas
3 de marzo de 2020
2 de marzo de 2020
El jardín olvidado
En vísperas de la Primera Guerra Mundial, una niña es abandonada en un barco con destino a Australia. Una misteriosa mujer llamada la Autora ha prometido cuidar de ella, pero la Autora desaparece sin dejar rastro...
En la noche de su veintiún cumpleaños, Nell O’Connor descubre que es adoptada, lo que cambiará su vida para siempre. Décadas más tarde, se embarca en la búsqueda de la verdad de sus antepasados que la lleva a la ventosa costa de Cornualles.
A la muerte de Nell, su nieta Casandra recibe una inesperada herencia: una cabaña y su olvidado jardín en las tierras de Cornualles que es conocido por la gente por los secretos que estos esconden. Aquí es donde Casandra descubrirá finalmente la verdad sobre la familia y resolverá el misterio, que se remonta un siglo, de una niña desaparecida.
«Memorias,
intriga y secretos de familia entretejidos en un absorbente laberinto de tramas
complementarias que nos arrastran a una lectura llena de fuerza, ternura y
emoción. Con un estilo ágil y envolvente, Kate Morton nos conmueve con una
magnífica historia difícil de olvidar.» María Dueñas
«Kate Morton, […]
en la tradición de literatura clásica anglosajona, esel último fenómeno
literario. […] Atrapa a lectores con lazo por su manera de contar gustosa,
minuciosa, victoriana.» El País Semanal
«El jardín
olvidado reúne todos los elementos de una auténtica novela romántica inglesa
que tanto gusta a un tipo de lectores. [Presenta] claras evocaciones a Charles
Dickens, Jane Austen o las hermanas Brönte.» La Vanguardia
Os corpos invisibles
L. C. é unha rapaza de quince anos que
traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución
Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea.
A vida de L. C. dá un xiro cando cae nas súas
mans unha carta escrita por Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada
propietaria dunha cadeira de rodas motorizada, unha saúde fráxil, toda unha lenda
sobre as costas e unha vontade de ferro.
As súas vidas non poden ser máis diferentes,
pero ambas as dúas buscan a liberdade, a existencia e o recoñecemento que a
sociedade lles negaba a elas e a todas as súas compañeiras.
“Cando unha
non é fidalga, é dicir, de boa familia, nin ten o diñeiro suficiente para poder
estudar, non estuda. E punto, sobre todo pasa isto cando unha é unha e non é
un. As saias impiden todo, de sempre. Coan o aire polos baixos arrefriando as
pernas, o cu e o que non é cu; amosan máis do que deben cando sobes a certa
altura, deixan o corpo exposto á mancadura e, sobre todo, non serven para xogar
ao fútbol, gabear polas árbores ou saír correndo atrás dos ananos faltóns para
darlles de puñadas”.
Os corpos
invisibles, de
Emma Pedreira, foi o libro que o xurado do Premio Jules Verne de Literatura
Xuvenil 2019 premiamos
e que se publica agora nesta entrañable colección da que vos falaba antes. E
nada é casual, a verdade. É necesario que desde as idades máis novas se teña
conciencia do longo camiño que aínda temos que percorrer para recuperar
os referentes femininos, en todas as facetas da vida pero, máis
concretamente, na literaria. Eses corpos que o patriarcado se empeñou
en facer invisibles comezan a saír do mundo dos mortos nun claro
exercicio de xustiza poética e tamén vital.
A través do
encontro de dúas mulleres aparentemente diferentes na época vitoriana, L. C,
unha rapaza de quince anos que traballa nunha fábrica téxtil, e de Prometea
Stoner, unha muller de familia acomodada propietaria dunha cadeira de rodas
motorizada, as lectoras descubriremos que a loita polos dereitos das mulleres é
universal. Cun argumento moi rico en matices e con diversas arestas, Os
corpos invisibles preséntase como unha proposta de lectura ideal para
o traballo nas aulas, pois permite que vaiamos tirando dos diversos
elos e coñecendo a autoras que durante tanto tempo permaneceron no
anonimato, caso de Mary Shelley, George Eliot, Jane Austen, Emily e
Charlote Brontë, ou Christina Rossetti, entre outras moitas.
Cunha mensaxe moi
necesaria, esta novela lese nunha soa tarde, non só pola orixinalidade da
trama, senón tamén pola fermosa linguaxe coa que está escrita. Estou segura de
que ninguén sairá indemne, pois é unha obra que deixa pouso e
que indaga na responsabilidade que temos como sociedade para mudar a orde das
cousas. ...Seguir lendo en Lecturafilia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)