O pasado venres 28 asistimos ao Salón do Libro de Pontevedra xunto có club de lectura do IES de Breamo. Ademais da nosa visita guiada ao Salón disfrutamos dun encontro con Fran Alonso quen nos presentou a súa última obra "A revolta da lectura", asistimos ao musical Os miserabeis interpretado polo alumnado e profesorado do IES Illa de Ons de Bueu, visitamos no Museo Provincial os fondos da exposición arqueolóxica que teñen así como a sala Castelao coas súas obras... un pracer no Ano Castelao no que lembramos os 75 anos do seu pasamento.
31 de marzo de 2025
24 de marzo de 2025
Salón do Libro 2025
Para sacarlle o máximo partido á nosa visita ao Salón do Libro de Pontevedra 2025 imos a comentar o seguinte:
- Os Miserábeis O musical Miserábeis do IES Illa de Ons (Bueu) presenta unha adaptación propia, integramente en galego, a partir dunha revisión contemporánea e feminista da novela do escritor francés Victor Hugo. Esta historia, que na súa orixe transcorre na Francia do séc. XIX e das revolucións de 1830, trasládase agora a un ambiente máis galego, con referencias a temas actuais como a loita pola liberdade, a desigualdade social, a coraxe ou a revolución do pobo. Miserábeis é un proxecto de centro interdisciplinar que aposta pola aprendizaxe cooperativa e competencial, artellado a partir da posta en escena dunha obra de teatro musical para o alumnado de entre 12 e 16 anos, como procedemento para educar na igualdade e nas competencias de carácter intelectual e socioemocional.
- Visita ao Museo Provincial e a exposición sobre a obra pictórica de Castelao no 75 aniversario do seu pasamento. Dispoñemos dunha guía didáctica para entender mellor a exposición e máis información na Fundación Castelao.
3 de marzo de 2025
El chico de la flecha
Marco
es un chico como cualquier otro que podríamos encontrar hoy en día:
inteligente, sensible, con muchas cualidades y también muchos miedos. Con doce
años, se encuentra en esa edad en la que la vida cambia para siempre; en la que
deja atrás al niño sin responsabilidades y comienza a dar pasos en el camino de
los adultos. Su historia y sus preocupaciones podrían ser las de cualquier otro
adolescente, y sus errores, muy parecidos.
La
única diferencia es que Marco vive en el siglo I d. C. en Emerita Augusta, la
actual Mérida, una ciudad de la Hispania romana donde conviven ciudadanos
libres con esclavos, donde las mujeres se encuentran tuteladas por sus
familiares, y donde la sociedad, aunque sofisticada, disfruta de
entretenimientos violentos.
Marco,
junto con su amigo Aselo, se equivocará, aprenderá a pedir ayuda y, en
definitiva, hará lo que cualquier otro chico de su edad: crecer.