As Xornadas Literarias que organiza o Concello de Neda este ano adicanse a Joseph Conrad ( Teodor Józef
Konrad Korzeniowski; Berdiczew, 1857 - Bishopsbourne, 1924), novelista británico
de orixe polaca considerada un dos máis grandes escritores modernos.
Fillo dun
nobre polaco, quedou orfo aos once anos e estivo baixo a tutela da súa avoa e o
seu tío paternos. Aos dezaseis abandonou Polonia rumbo a Marsella, onde iniciou
a súa andaina como mariño mercante, que o levaría nunha primeira etapa a
comerciar con armas para as tropas carlistas españolas e a un intento de
suicidio.
Ante a
imposibilidade de chegar a oficial na mariña francesa e fuxindo do perigo de
ser recrutado polo exército zarista (era súbdito ruso da Polonia ocupada),
trasladouse a Londres en 1878, sen saber inglés. Dous anos despois aprobou o
exame que o converteu en segundo oficial da mariña mercante, e seis anos máis
tarde o que lle proporcionaría o grao de capitán, case á vez que pasou a ser
súbdito británico. Navegou durante toda a década seguinte, particularmente
polos mares do sur, o arquipélago malayo, África e o río Congo, experiencias
que se reflectirían na súa obra posterior.
Conrad non
comezou a escribir ata 1889, en que deu inicio á tolemia de Almayer (1895), que
non terminaría ata cinco anos máis tarde, durante os cales aínda continuou
navegando, actividade que abandonou definitivamente en 1894. O éxito, con todo,
tardou en chegarlle; foi con Chance (1912), da que se venderon máis de 13.000
exemplares en dous anos, a pesar de que desde o principio os seus libros foron
ben recibidos pola crítica. Aínda que a maior parte das súas narracións teñen
como pano de fondo a vida no mar e as viaxes a portos estranxeiros, a súa non é
unha literatura de viaxes en sentido estrito. Estes constitúen, para Conrad, o
ámbito no que se desenvolve a loita dos individuos entre o ben e o mal, o
escenario no que se proxectan as súas obsesións e, en particular, a súa
soidade, a súa escisión e o desarraigamento (a súa condición de polaco oprimido
primeiro e logo exiliado debeu deixar forte sinal no seu carácter)
Recensión de
Javier Marías sobre Joseph Conrad a quen consideraba ó escritor "o artista perfecto" e El corazón de las tinieblas
Recensión sobre
El corazón de las tinieblas
Algunhas das súas citas:
- A mente dun home é capaz de
todo, porque todo está nela, o pasado e o futuro.
- Crin que era unha aventura e
en realidade era a vida.
- Vivimos como soñamos, sólos.
- A crenza nalgún tipo de
maldade sobrenatural non é necesaria.