Gladys, Helena e Laura arrastran vidas moi difíciles.
Ningunha delas elixiu o pesado lastre dunhas circunstancias provocadas pola
escravitude sexual, polo maltrato familiar ou pola precariedade laboral que
sofren atadas de pés e mans. Serán os fíos de apoio que a avogada María Xosé
Muradas e as súas compañeiras van tecendo dende o xermolo da "Fundación
Libélula" de axuda ás mulleres en situación precaria os que lles permiten
enxergar a posibilidade de comezar unha nova vida. Mais, a pesar das esperanzas
acuñadas deberán seguir loitando, xa que as cousas ás veces empeoran antes de
mellorar.
Yashmina Shawki naceu en Vigo de nai galega e pai kurdo iraquí. Cursou parte do ensino secundario en Baghdad, licenciándose na Universidade de Santiago de Compostela en Dereito en 1992 e en Historia Contemporánea en 1993. Conferenciante e xornalista especializada en temas de Oriente Medio, colabora nas revistas Festa da palabra silenciada e Babab, así como semanalmente nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia e no faladoiro político "Al final del día" de Radio Voz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario