O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

21 de junio de 2011

Rosa Aneiros e os clubs de lectura

"Prezadas lectoras e lectores,
Moi boas e calorosas tardes, é un pracer para min poder compartir por fin con vós o pregón desta Festa da Lectura, do Libro e da Palabra
."

Así comezaba Rosa Aneiros o pregón da feria do libro do 2011 en Ferrol onde destaca a "revolución silenciosa" que está a pasar na comarca, na comunidade.







Por sorte para nos e para os clubs que a invitaron, descubrimos unha muller chea de enerxía e moi cercana aos rapaces. Nosos alumnos disfrutaron dunha tarde escoitando cómo se fixo escritora, as súas inquedanzas e comentarios das dúas obras que leron os nosos "pantasmas", como os chamou ela.
No pregón leu un poema de Carvalho Calero,uns versos de Herba aquí ou acolá, obra de Álvaro Cunqueiro, autores homenaxeados este ano na comarca, Manuel Rivas, Lois Pereiro, de
Stéphane Hessel ...e falou da crise e dalgo máis:

"Fronte ao horizonte gris da apatía,e da desesperación os libros seguen ofrecéndonos portas abertas para a esperanza. Segue habendo un mundo agardando por nós en cada libro. Seguen querendo contarnos historias. Cousas do cotío, pulsos contra a tristura para facernos felices.
Por iso hoxe quixen traer comigo un ronsel de faíscas luminosas, un ronsel de esperanzas.
Escoitaron vostedes falar algunha vez dos Morcegos de Canido? Dos pantasmas de papel de Neda? Do Sansaliber de San Sadurniño? Do Segrel de Fene? Dos siareiros de Sofía ou de Saturnino Hermida? Saben vostedes de que lles falo? Fálolles da gran revolución silenciosa que está a sacudir dende hai uns anos as bibliotecas públicas de Galicia, tanto as dos centros de ensino como aquelas municipais. Falo dos clubs de lectura. Quen se interesa polos libros, dirán? Se á xente nova non lles gusta ler, pertencen á xeración nin-nin que nin estudan nin traballan nin unha cousa nin todo o contrario, esa xuventude tan formada e tan analfabeta para os libros... Trabúcanse.
Nunca tanto se leu coma hoxe en día. Nunca houbo adolescentes con tanto acceso nin tanta implicación coa lectura. Actualmente están funcionando douscentos clubs de lectura en centros de secundaria en Galicia. Estes clubs acollen tanto a alumnado como a pais e nais que participan do coloquio, que comparten a extraordinaria experiencia lectora. Ademais destes douscentos centros están aqueles vinculados a bibliotecas municipais, tamén as que nacen ao abeiro dos centros de primaria. Só nos institutos hai en Galicia máis de cinco mil persoas que semana a semana partillan libros. Cinco mil. Pais, nais, alumnado que se enredan, que aman e odian, que medran, que coñecen a partir das páxinas dos libros. Non se conforman. Sempre queren máis. É por iso que non lles abonda con clubs, pequenos encontros nos centros públicos, nas aulas. Non, queren máis. Todos os clubs reúnense fóra de horario lectivo, nos recreos, nas pausas do xantar, polas tardes... cando poden. Renuncian ao seu lecer privado por falar de libros. De libros! Pero xa non abonda cos libros en xeral, hai clubs de lectura de manga, de novela realista, de misterio, de ciencia ficción, de poesía... Xa non abonda coas reunións presenciais, teñen blogs nos que van avanzando os progresos nas lecturas, póñenlles música, vídeos, falan de arte, organizan excursións a escenarios literarios. Tampouco abonda xa coa experiencia dos compañeiros e compañeiras de aulas. Deciden reunirse na rúa, nos parques, nas bibliotecas, con membros doutros clubs e partillar escenas, personaxes, cancións, tramas, finais felices ou tristes, citas literarias."


Ler o pregón completo.

GRAZAS ROSA

8 de junio de 2011

La casa de la linterna


Melchor Abreira é un galego que fixo fortuna na Arxentina, no negocio de exportación de carne. Constrúe unha casa na súa terra natal (a chamada Casa Grande ou Casa da Lanterna), na que se aloxa Azaña cando ven á vila a fundar o partido Esquerda Republicana. Ao producirse o levantamento do 36, Melchor Abreira morre coa súa esposa en Madrid, nun bombardeo. O seu único fillo, Luís Abriera, biólogo que ía casar coa filla do reloxeiro Daniel Lobato, presidente do partido de Esquerda Republicana de Pontedeume, escóndese na casa. É un máis dos moitos escapados que se esconden nas súas propias casas ou se botan ao monte.
A novela comeza cando, oito anos despois, é asasinado Custodio Lázaro, un carboeiro, que axudaba a Luís a sobrevivir na casa ao intentar poñerse en contacto cos refuxiados no bosque; e Luís é descuberto gravemente enfermo por dous rapaces, de 14 anos, da localidade: Eduardo Mata, fillo do médico Servando Mata e Miguel Torres, fillo do recén chegado Xefe de Estación da Renfe. Que facer? Axudalo? Denuncialo? Dicírllelo aos seus pais? Tendo como punto de partida este dilema, os rapaces van descubrindo, a medida que seguen coas súas vidas de adolescentes, unha nova realidade que descoñecían, da que ninguén lles falara e sobre a que na vila se estableceu un tácito pacto de silencio: a realidade da sublevación, a represión posterior e a sórdida loita que mantén a Garda Civil cos escapados.

Entrevista có autor.

Esta é a última obra do segundo grupo do club de lectura e remataremos o ano cun roteiro có autor en Pontedeume. Xa temos as fotos.



7 de junio de 2011

O castillo ambulante


No país de Ingary, onde as botas de sete leguas e as capas de invisibilidade existen de verdade, Sophie Hatter atraeu a desagradable atención da Bruxa do Páramo, quen a engaiola cun maleficio que a converte nunha anciá. Coa firme determinación de facer o máis axeitado, Sophie viaxa ao único lugar no que cre que poderá encontrar axuda, o castelo ambulante que rolda polos outeiros próximos. Pero o castelo pertence ao temible Mago Howl, que se alimenta, segundo din, dos corazóns de mozas desprevidas.

O libro que deu orixe á película de Hayao Miyazaki, El castelo ambulante pola que foi nomeado aos Oscar en 2006.

«Uno de los libros que más curiosidad están despertando entre los jóvenes de espíritu es El castillo ambulante, una encantadora travesura infantil creada por Diana Wynne Jones, transgresora alumna de Tolkien y C. S. Lewis». Pedro M. Espinosa, Diario de Sevilla.

As súas obras na biblioteca: El castillo ambulante e El castillo en el aire ,e a película.

Trailer da película