Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un
asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza
ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E,
aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un
disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer.
Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás,
perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade
chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o
que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar
á vista de todos.
Regresan os personaxes de "Os fillos do mar", a
novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas
mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.
Entrevista co autor "dígolle ao lector: pasáchelo ben pero agora non ignoras a historia dos teus"
Presentación na RTVG da súa obra
Presentación na RTVG da súa obra