Nas marxes do
río Baztan, no val de Navarra, aparece o
corpo espido dunha adolescente nunhas circunstancias que o poñen en relación
cun asasinato ocorrido nos arredores un mes atrás.
«Ainhoa Elizasu foi a segunda vítima do basajaun, aínda que entón a prensa aínda non o chamaba así. Foi un pouco máis tarde cando transcendeu que ao redor dos cadáveres aparecían pelos de animal, restos de pel e rastros dubidosamente humanos, unidos a unha especie de fúnebre cerimonia de purificación. Unha forza maligna, telúrica e ancestral parecía marcar os corpos daquelas case nenas coa roupa rasgada, a lanuxe púbico rasurado e as mans dispostas en actitude virginal.»
A inspectora da
sección de homicidios da Policía Foral,
Amaia Salazar, será a encargada
de dirixir unha investigación que a levará devolta a Elizondo, unha pequena poboación de onde é
orixinaria e da que tratou dehuir toda a
súa vida. Enfrontada coas cada vez máis complicadas derivacións do caso e cos
seus propios pantasmas familiares, a investigación de Amaia é unha carreira contrarreloxo para dar
cun asasino que pode mostrar o rostro máis aterrador dunha realidade brutal á
vez que convocar aos seres máis inquietantes das lendas do Norte.
Primeiro capítulo
Descubrir o Valle do Baztán da mán de Dolores Redondo
No hay comentarios:
Publicar un comentario