O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete
que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación
aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector
empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario
galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden
relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía
física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos
históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu
paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do
Sur.
Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez
narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito
final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu
protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen
remedio, salpican o presente.
Entrevista ao autor en La
Región
No hay comentarios:
Publicar un comentario