Günter busca ascender na Gestapo destapando unha
trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa.
Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca
a vida por axudar a quen o necesita.
Frieda foxe da Holanda nazi e do seu
pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra.
Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e
intrigas cun fin último: a liberdade.Novela a tres voces que explora, entre
ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia
durante a II Guerra Mundial. Eva Mejuto regresa á narrativa xuvenil con Memoria
do silencio, finalista do Premio Jules Verne, logo da súa incursión con 22
segundos (Xerais 2017).
Eva Mejuto: «Paréceme moi importante que a rapazada de hoxe en día teña
referentes positivos da nosa historia». Entrevista no «ZigZag Diario» sobre: «Memoria do silencio»
Aquí estamos coa autora cando fomos ao Salón do Libro de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario