Ao terceiro día da súa chegada, comeza a nevar. É unha
tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o
fluído eléctrico e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas
historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta
ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas.
A neve interminable é unha novela onde o
misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais que
acompañan ao ser humano desde o principio dos tempos e tamén aqueloutros
orixinados pola desorde mundial deste século XXI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario