O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

8 de marzo de 2017

A cacería


Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta todo mudou moito máis do que cabería imaxinar: desapareceron da aldea as mulleres e os rapaces, enxergando un futuro incerto. 

Que pasou? Ou mellor, para que pasou? E que se pode facer? 

O Consello de Sabios deberá tomar decisións rápidas e axeitadas para impedir a extinción da súa raza.
Neste relato trepidante, o protagonista atopará un amor fermoso e incondicional. Será capaz de enfrontar o medo de loitar cos inimigos, a tensión provocada polas traizóns e a incomodidade destas aventuras de a cabalo, nas que as tradicións ancestrais propias colaboran con outras culturas distintas de alén mar. 
A cacería é unha narración épica de aventuras, localizada nun tempo e espazo míticos, onde un pobo loita pola súa supervivencia, da man dun guerreiro que vemos evolucionar de neno a heroe.
E logo da lectura, o encontro co autor! 


Premede na imaxe se queredes ver todas as fotos do encontro.

No hay comentarios: