Ano 79 d.C. Flavia Gémina, filla dun mariño romano, está a piques de vivir unha emocionante aventura. Ao investigar o paradoiro dun anel que leva o selo do seu pai, Flavia coñece a Jonatán, un neno xudeu, a Nubia, unha nena escrava africana, e a Lupo, o pequeno esmoleiro mudo. A partir de entón, os catro novos amigos comezarán as pescudas para resolver a misteriosa morte duns cans, percorrendo xuntos o foro, a necrópole romana e o porto de Ostia, e o que é mellor, converteranse en moi bos amigos.
Con este primeiro volume comeza a serie Misterios Romanos, protagonizada por Flavia Gémina e a súa cuadrilla, que ademais de ofrecer aos lectores entretidas historias de detectives contaranlles como era a vida na antiga Roma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario