O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

10 de marzo de 2026

O bestiario científico de Anxos Nogueirosa

 

I Premio María Victoria Moreno de Literatura Juvenil 2018
Premio de la Gala del Libro 2019 a la mejor novela juvenil
Obra incluida en la Lista de Honor IBBY 2022
Suso, un rapaz que vive nunha aldea axudando os seus pais nos traballos do campo, séntese moi canso. A nai, preocupada, lévao a un médico e este aconséllalle pasar unha tempada no Sanatorio Marítimo de Oza. Malia as dúbidas inciais do pai, o neno acaba partindo cara á Coruña e ingresa no internado do hospital. 
No tren, terá un choque cun grupo de rapaces algo babecos acausa dun libro, "Liber bestiarium scientificus", que pertencía a unha rapaza chamada Tila. Suso faise co libro e négase a devolvérllelo aos rapaces. No seu lugar, dállo de volta á dona, algo que os rapaces non lle perdoarán.
Xa na residencia, Suso vai coñecendo cada vez máis a Tila. É unha nena pertencente a unha familia rica e ilustrada que lle amosa o contido dun misterioso libro: un bestiario creado pola
súa tía que contén avistamentos e descricións de criaturas máxicas galegas. A obsesión de Tila é conseguir avistar unha desas criaturas, os Homes Mariños, que, segundo se sabe, deberían acudir á costa o día da última noite sen lúa de agosto. Esa noite, os rapaces conseguen saír da residencia sen ser vistos, pero as criaturas non aparecen. Suso confésalle a Tila as súas dúbidas sobre a veracidade das historias e esta incomódase con el e cae enferma. Despois, descobren que aínda queda unha noite máis sen luz debido a que se producirá unha eclipse, polo que, coa colaboración do conserxe, Suso consegue acceder á área do sanatorio onde repousa Tila e lévaa
á praia para ver as criaturas. 
Desta volta, os Homes Mariños si aparecen e os rapaces líbranse de ser pillados polas monxas grazas a que un dos babecos, que andaba na busca da parella, decide non delatalos ao resto do grupo. Finalmente, Tila e Suso sepáranse. Cada un regresa á súa vida. Ata que un día, a Suso chégalle un paquete cun libro dentro cuxa autora é Tila.


Ningún comentario: