O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

3 de marzo de 2023

Unha de literatura xaponesa para preparar as Xornadas Literarias

Considerada unha das máis belas historias de amor da literatura, "El rumor del oleaje" narra o nacemento e consumación do idilio entre dous adolescentes situados nun mundo arcádico, primitivo e elemental: unha minúscula illa xaponesa na que sobrevive unha comunidade de pescadores apartada da civilización e onde se percibe por todas as partes o cheiro salobre do mar, a fragrancia das cordas de cáñamo, o fume invisible das fogueiras e o rumor dunha ondada azul intensa que todo o circunda. Guiado pola súa admiración cara ao modelo humano e a tradición bucólica da Grecia clásica, que era capaz de establecer unha perfecta coincidencia entre a vida humana e a misteriosa beleza da natureza,

Yukio Mishima (1925-1970) constrúe unha novela inesquecible acerca dun dos temas perennes da literatura.

Recensión en Unlibro al día.

Críticas en Babelio.

"Soñar o amor edénico de Mishima" Blogs El País


«Aquela mañá esperteime chorando. Como sempre. Nin sequera sabía se estaba triste

Sakutarô e Aki coñécense na escola dunha cidade provincial de Xapón. El é un adolescente enxeñoso e sarcástico. Ela é intelixente, fermosa e popular. Pronto se converten en amigos inseparables, ata que un día, Sakutarô ve a Aki con outros ollos, e a amizade cómplice transfórmase nunha paixón arrebatadora. Ambos viven unha historia capaz de trastornar os sentidos e borrar as fronteiras entre a vida e a morte.

Un grito de amor desde el centro del mundo é a novela xaponesa máis lida de todos os tempos. Inspirou unha versión cinematográfica, unha exitosa serie televisiva e mesmo foi ilustrada como cómic manga.

Recensión en Eltemplo de las mil puertas.

Críticas en Babelio


2 comentarios:

cronicas del antropoceno dijo...

cronicas del antropoceno dijo...

Las estampas japonesas fueron fuente de inspiración para muchos artistas, sobre todo pintores, del impresionismo y postimpresionismo como Vicente Van Gogh. Éste descubrió el arte japones en París donde estaba de moda en 1886 (japonismo). Los ukiyo-e, un tipo de xilografía, se enfocaban en los elementos de belleza del mundo, paisajes naturales, actores, luchadores de sumo, erotismo, etc. Tendrán gran infuencia en Van Gogh.

El Rumor del Oleaje, este breve y bello relato que nos ocupa hoy, recrea todos esos temas preferidos de los ukiyo-e, la belleza del paisaje, los enamorados, las buceadoras secando sus cuerpos al calor de una hoguera.

Dicen que lo breve si bueno dos veces bueno, Yukio Mishima nos deleita con un breve relato que destaca por la sencillez, los sentimientos puros de dos enamorados Shinji y Hatsue, y lo mejor, el final feliz, me encantan los finales felices, puede parecer una narración un poco infantil, aunque yo creo firmemente que para enamorarse hay que ser un poco niño, no sé si me explico bien, a lo mejor no ser un poco niño o infantil, sino ver y entender esta obra, desde nuestro yo niño.

También hay otro refrán que dice, pueblo chico, infierno grande, descrito perfectamente en la novela, pero al final prevalece la justicia, y colorín colorado este cuento se ha acabado.

O mejor, fueron felices y comieron perdices.