O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

27 de marzo de 2023

Eva Mejuto na nosa biblioteca

Hoxe 27 de marzo Eva Mejuto acompañounos para presentar a súa última obra A ladroa da biblioteca de Meiras e falarnos da memoria histórica que tamén retratou en Memoria do silencio e A lavandeira de San Simón sembre desde a perspectiva da rapazada e as mulleres que lles tocou vivir eses tempos.

A autora nos lembra coas súas obras a presencia das mulleres como elemento fundamental como voz da historia.

No caso de Mariña na ladroa da biblioteca, có perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que a rapaza estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, a de Emilia Pardo Bazán. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba e o perigo que corría. Facía mal en coller «prestados» os libros? E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro...

No caso de a Memoria do silencio, as irmáns Touza que axudaron a tantas persoas que escapaban da tolemia nazi, cruzando a liña para embarcar a América desde Portugal.

En A lavandeira de San Simón Xullo e Teresa achéganse á illa para levar roupa e alimentos ás persoas que están nela, pero por qué están alí....? 

Moitas grazas á autora por achegar eses periodos da nosa historia
 que os rapaces non coñecen ben.  

No hay comentarios: