O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

24 de maio de 2022

Visitounos Ledicia Costas

 

O pasado luns 9 de maio veu visitarnos Ledicia Costas, xa levabamos anos pendentes de ter este encontro pois nos distintos clubs de lectura disfrutamos de Escarlatina, Esmeraldina, Infamia, Jules Verne e as mulleres planta, O corazón de Xúpiter..., e agora Golpes de Luz, novela publicada este ano.

María López de 2º de BAC fixo a presentación da autora e esta falounos da escrita, de cómo chegou a ela, o que supuxo falar do Vigo da súa infancia lembrando ao seu padriño, o ambiente da droga naqueles tempos, da forza das mulleres reflexada nunha avóa máxica, Luz, que é todo un símbolo do matriarcado. A recibimos cunha Esmeraldina cociñeira un pouco crecida pero ben vestidiña.

Para os que queirades escoitala, temos unha mostra da súa intervención pero sempre é un pracer escoitala en persoa.

Moitas grazas a Isabel Armesto de Xerais por facer posible este encontro cos rapaces de 2º BAC, 4º ESO e algún que outro membro do club de lectura.

23 de maio de 2022

ExpOtaku 2022

 


Nos 2 cursos pasados non puidemos asistir ao ExpOtaku por mor da pandemia, pero este curso nos desquitamos e asistimos membros do club de manga e o resto dos clubs de lectura convencionais, non podía ser doutro xeito pois foi a 1º excursión do ano, por fin!

3 de maio de 2022

Memoria do silencio



Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943.
Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. 
Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. 
Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. 

Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial. Eva Mejuto regresa á narrativa xuvenil con Memoria do silencio, finalista do Premio Jules Verne, logo da súa incursión con 22 segundos (Xerais 2017).

Eva Mejuto: «Paréceme moi importante que a rapazada de hoxe en día teña referentes positivos da nosa historia». Entrevista no «ZigZag Diario» sobre: «Memoria do silencio»
A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 04:37″.


Aquí estamos coa autora cando fomos ao Salón do Libro de Pontevedra.


La hija de la noche



De nuevo una obra de Laura Gallego, una de nuestras autoras favoritas.
La tranquilidad del pequeño pueblo francés de Beaufort se ve alterada por un hecho que, en principio, parece carecer de una explicación razonable. El granjero Henri Morillon ha encontrado muerta una de sus vacas en extrañas circunstancias: completamente desangrada. Algunos habitantes del pueblo, como el joven Jerôme, creen que la mansión Grisard guarda cierta relación con el suceso. 
El viejo caserón había permanecido deshabitado y abandonado durante muchos años, hasta que de repente se instala allí la bella y enigmática Isabelle, que regresa a la localidad que la vio nacer y de donde huyó tiempo atrás. El misterio que rodea a esta mujer despertará las sospechas de sus vecinos, y el gendarme del lugar, el joven Max, comienza a investigar.

Vaiche boa!


 Unha barra de labios que volve tolas as rapazas. Uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon. O esterco dun xardiñeiro afeccionado que produce unha praga de moscas. Unha cola milagrosa que, despois de catro horas, deixa de funcionar. Un esquelete no retrete e osos que camiñan pola praia... Vaiche boa! 

Historias alucinantes que hai que gozar e ler con cautela porque... coidado!, crean adicción á lectura. Este libro, que no 2004 volve a aparecer no prelo de Galaxia, xa ten demostrado que sabe facer lectores, e que os lectores gozan cos relatos que contén ata o punto de pediren máis. 

Os medos da infancia, todos os interrogantes que caben na cabeza dun rapaz, as teimas do adultos, as pequenas incapacidades, os primeiros fracasos configuran, neste volume, un conxunto ben aderezado co humorismo e a axilidade narrativa que son característicos na obra do autor, o inglés afincado en Australia, Paul Jennings. O volume conta coas magníficas ilustracións de Kiko da Silva, que nos agasalla nesta edición cunha soberbia ilustración de cuberta realizada en técnica tridimensional.

Guía de lectura.