Benavides é un profesor universitario que, coa axuda de Silvia, unha estudante da facultade, tratará de dar co culpable dunha serie de brutais asasinatos que se están a producir no
campus.
O autor dos crimes deixa símbolos e pegadas nos corpos e comunícase co profesor
retando a súa intelixencia a adiantarse aos seus pasos.
A resolución dos crimes convértese nunha obsesión para Benavides, alguén que, ademais
de ter vivido tempos mellores no que ten que ver coa súa contribución ao mundo das matemáticas, padece dun exceso de egolatría.
Finalmente, descubrimos que é Silvia quen está detrás dos asasinatos e que todo consistiu
nun plan seu para incriminar a Benavides e vingar o seu pai —no presente ingresado nun
hospital psiquiátrico— despois de que, moitos anos atrás, Benavides roubase unha idea
súa, imprescindible para a resolución dun problema matemático de sona mundial.
Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos
aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que
entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas.Comeza o xogo!
Finalista do XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil
Ficha
de lectura da obra