O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

27 de abril de 2021

Trescatorcedezaseis

Benavides é un profesor universitario que, coa axuda de Silvia, unha estudante da facultade, tratará de dar co culpable dunha serie de brutais asasinatos que se están a producir no campus. 

O autor dos crimes deixa símbolos e pegadas nos corpos e comunícase co profesor retando a súa intelixencia a adiantarse aos seus pasos. A resolución dos crimes convértese nunha obsesión para Benavides, alguén que, ademais de ter vivido tempos mellores no que ten que ver coa súa contribución ao mundo das matemáticas, padece dun exceso de egolatría. Finalmente, descubrimos que é Silvia quen está detrás dos asasinatos e que todo consistiu nun plan seu para incriminar a Benavides e vingar o seu pai —no presente ingresado nun hospital psiquiátrico— despois de que, moitos anos atrás, Benavides roubase unha idea súa, imprescindible para a resolución dun problema matemático de sona mundial.

Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas.Comeza o xogo!

Finalista do XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil

Ficha de lectura da obra

No hay comentarios: