Hoxe María Solar veu falarnos dun acontecemento científico de enorme relevancia, o traslado da vacina da vaiola polo mundo desde España. Como bióloga sabe moi ben do que está a falar, como divulgadora non entende que non se lle dera publicidade e homenaxe aos rapaces que participaron na expedición Balmis grazas aos que a vacina chegou ás Américas primeiro e logo extendeuse por outras partes do mundo. Esa enfermidade tan mortífera que os colonos levaramos ao novo mundo e que logo erradicamos, unha mostra de cooperación internacional que saíu da nosa terra, agora que tantos esforzos se están a facer ao redor do mundo.
Nótaselle a María que é unha gran comunicadora, mantivo aos rapaces có corazón encollido cando falaba dos efectos da enfermidade e cómo ela tentou achegar a cara persoal, a historia pequena, o rostro dos nenos desta gran xesta médica, social e solidaria.
Unha mágoa que estivera tan pouco tempo, pois está enfrascada nun roteiro de visitas por centros escolares a fume de carozo pero lle agradecemos á editorial Anaya/Xerais e a súa representante Isabel Armesto que tivera un ratiño para disfrutar con ela.
Obras da autora na nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario