Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en
Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da
montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai
e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo
panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da
federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle
propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a
doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen
fin.
Corredora é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a
tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre as crianzas do
rural ou empobrecidas nas cidades
Ficha de lectura
Web da autora
No hay comentarios:
Publicar un comentario