Nadine Gordimer, sétima muller do noso século en gañar o Premio Nobel de Literatura 1991, naceu en Sudáfrica en 1923, estudou letras na Witwatersrand University de Johannesburgo e onde vivíu ata a súa morte en 2014, entregada exclusivamente á literatura desde 1953, ano en que publicou a súa primeira novela. Percorreu amplamente o seu propio continente, Europa e Estados Unidos, onde ensina regularmente longas tempadas en universidades como Harvard e Princeton. Comprometeuse firmemente contra o apartheid, aínda que, segundo confesa ela mesma, de vivir noutras circunstancias, «a política non sería precisamente una das miñas actividades favoritas». De entre os seus libros de narrativa destacamos Friday´s Footprint, que gañou o Premio W.H. Smith de Literatura en 1961, Un mundo de estraños que a deu a coñecer no mundo enteiro, Un invitado de honra, que gañou o Premio James Tait Black Memorial en 1971, A filla de Burguer e O conservador, que obtivo o Booker Prize en Inglaterra en 1974 e, ao ano seguinte, o Premio Grand Aigle d´Oren Francia.
Como escritora homenaxeada nas Xornadas Literarias do 2016 propoñémosvos varias lecturas: A xente de July, A filla de Burger e o Conservador.
Nun discurso na UNESCO en 1997 falando da súa condición de artista comentou:
“A mi juicio no hay que olvidar que la condición del artista depende de dos factores: en primer lugar, el carácter de su compromiso con la sociedad; después, la actitud de los poderes públicos. El primer factor corresponde a la elección individual del artista, el segundo es una condición que le viene impuesta desde el exterior, de modo que es aleatorio”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario