Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden
viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a
vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo
carácter de Xacobe.Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha
postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento da
súa vida actual e a necesidade de resolver as dúbidas sobre a traxedia que os
envolveu ao seu regreso da viaxe de tren. Malia as reticencias de Aroa a
revolver no pasado, Nico logra contactar c@s compañeir@s de viaxe e organiza
unha festa de reencontro a partir da cal irán aflorando todos os matices que
permitirán aclarar as causas daquel fatídico acontecemento. Novela coral de
intriga psicolóxica, a historia alterna lugares, personaxes e tempos narrativos
no seu avance cara o descubrimento dunha verdade inexorábel, capaz de cambiar o
rumbo das vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou
a procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na
esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria.
Novel gañadora do Premio Jules Verne 2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario