O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

29 de outubro de 2026

El bibliotecario de Medina Azahara


Alid ben Idris recibiu a honra de dirixir a biblioteca máis importante do seu tempo por parte do sabio califa Al-Hakam II. Baixo a súa dirección, a Gran Biblioteca de Córdoba chegou a posuír case douscentos mil libros e converteuse nun faro da cultura que atraía a sabios e intelectuais de todo o mundo coñecido, tanto de Occidente como de Oriente. Con todo, todo cambiou cando o poder califal caeu en mans de Almanzor. Nunha triste e lamentable noite, os libros da biblioteca foron queimados nunha enorme pira na praza. Os responsables da Gran Biblioteca foron perseguidos e condenados, obrigando a Jalid ben Idris a fuxir para salvar a súa vida. 

Despois do éxito da cativa da Alhambra, Antonio Torremocha descóbrenos no bibliotecario de Medina Azahara a fascinante vida dun home que dedicou a súa vida para protexer e preservar o coñecemento nun mundo en constante cambio.

Presentación da obra polo autor:

Ningún comentario: