O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

29 de noviembre de 2022

Conta nove estrelas

Conta nove estrelas é unha obra de ficción científica para rapaces que sucede na descoñecida Galaxia Oma. No máis remoto planeta desta galaxia, oculta nunha pequena cabana, vive unha rapaza de cabelo turquesa chamada Quepi que ten o extraordinario don de comunicarse coa natureza.

Todos os días da súa vida están rexidos polas Tres Normas Inquebrantables que o avó Acasi impuxo a Quepi para protexer a esa nena tan singular. Ata que un día, Quepi ve un pequeno ser branco, tan fermoso, que as regras deixan de importarlle, tan especial que fará que se embarque, xunto ao seu irmán Udai, nunha inesperada aventura que os levará a desafiar os límites do universo coñecido.

Se es fan do universo ou simplemente che apetece cambiar un pouco de galaxia, mergúllate nesta historia de aventuras e sorpresas, que fala tamén de valores do noso mundo, como a familia, a tolerancia e o poder dos nosos soños.



No hay comentarios: