O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

20 de octubre de 2020

Fahrenheit 451

‘Fahrenheit 451′ foi publicada no ano 1953 e o seu título alude á temperatura á que se inflama o papel dos libros. Mostra unha sociedade na que estes están prohibidos, xa que ‘só fan sentir mal ás persoas’ e curiosamente son as brigadas de bombeiros os encargados de queimalos. Guy Montag é un deles e está convencido de facer o correcto. Ata que coñece a Clarisse e esta sementa nel a dúbida. Desde entón, dedicarase a recompilar libros e entrará en contacto cun ancián profesor de literatura chamado Faber con quen planeará salvagardar todods os textos que poidan para que o saber prevaleza sobre a ignorancia. Tras unha serie de peripecias e co país en guerra, Montag terminará atopándose cun grupo de vagabundos que, en realidade, son académicos que se dedican a percorrer as cidades memorizando libros para poder transmitilos oralmente
Por tanto, o final é esperanzador, pois sempre haberá persoas que velen porque o saber non se perda. Pero a crítica non pode ser máis demoledora. Bradbury mostra a súa rebeldía #ante unha sociedade que trata de alienar á persoa cunha cultura tendenciosa, que só ensina o que aos gobernantes interésalles que saiba para poder manipulala ao seu antollo e mantela sometida aos seus desmáns. Unha sociedade na que todo o que axude a pensar por un mesmo, como os libros, está proscrito. O paralelismo co noso tempo non pode ser máis evidente. Non lles deamos o gusto e pensemos niso.

Con esta obra homenaxeamos ao autor Ray Bradbury polo Día das Bibliotecas Escolares

(Vía Quediario_libros gratis)
Página web del autor.
¿Obra de cabecera?
Película completa

Trailer de la película:

No hay comentarios: