O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

20 de octubre de 2020

Crónicas Marcianas

 "Crónicas marcianas" de Ray Bradbury é unha colección de relatos que constitúe a crónica dos primeiros intentos dos habitantes da Terra, desde 1999 a 2026, para colonizar o planeta Marte, un deserto de area azul, con ruínas de cidades xadrezadas e ocasos amarelos. 

Os colonos, que viaxan en foguetes prateados, soñan con reproducir no Planeta Vermello a súa forma de vida convencional, pero levarán na súa equipaxe as súas enfermidades, que atacarán aos marcianos, e amosarán moi pouco respecto por unha cultura planetaria, misteriosa e fascinante, que estes intentarán protexer da voracidade dos terrícolas. 

Historias aparentemente sinxelas que serven de escusa para que Ray Bradbury, un dos mestres da ciencia ficción do século XX, se mergulle nos misterios da alma humana e desenvolva unha das proezas máis apaixonantes da humanidade.

Nesta ocasión aproveitamos para homenaxear a Ray Bradbury no Día das BEs

No hay comentarios: