Bala Perdida é un vello pirata dos últimos que navegan polo
Atlántico europeo e Rosa Ribeiro é unha xornalista moi nova e valente que
dirixe o Celtic News, un xornal moi peculiar. Cando escribe utiliza o
pseudónimo Ganso Salvaxe. Bala Perdida coñece a Ganso Salvaxe e móstralle o
tesouro maldito gardado nunha grandiosa cova mariña. Aquel tesouro era parte da
riqueza roubada polos nazis a prisioneiros internados nos campos de
concentración. Pero non era un tesouro como os demais, senón que procedía de
fundir os dentes e as moas de ouro arrincados aos miles de prisioneiros xudeus
asasinados con gas e logo queimados nos fornos do campo de concentración. Antes
de terminar a guerra esta parte do botín nazi foi cargada nun submarino e
levada a un lugar de África. Alí permaneceu oculta ata que o malvado Herr
Doktor, único sobrevivente coñecedor do secreto, volveu para recuperar o
tesouro. Bala Perdida quere atopar aos descendentes das vítimas e devolverlles
o ouro maldito. Para iso necesita que Rosa conte a historia de tesouro no seu
xornal. E así o fai a nova. Ao decatarse o malvado Herr Doktor Rosa é
secuestrada e a punto está de morrer nun manicomio. Menos mal que Bala Perdida
e os seus homes non están dispostos a consentilo.
Preme na imaxe para acceder ao video da RTVG
No hay comentarios:
Publicar un comentario