O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

20 de febrero de 2018

Os Megatoxos




Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un emocionante curso escolar. Desde que un accidente os dotara de estraños poderes, os problemas non deixan de aparecer.Nun intento por acadar unha cura para a súa mutación, os catro mozos viaxarán ao Medievo. Alí, atoparán un antigo e misterioso mosteiro onde nada é o que parece. Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán aguzar a súa intelixencia e valor nunha biblioteca chea de enigmas, onde códices e perigos se mesturan nunha situación que porá a proba a súa amizade.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustoume moito a serie pois os protagonistas son divertidos e están descubrindo os seus poderes.

Begoña

Anónimo dijo...

Son uns libros moi divertidos e os personaxes teñen aventuras moi emocionantes :)

Lucía