O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

22 de enero de 2018

Os nenos da variola


No hospicio da cidade da Coruña , en 1803, os nenos sobreviven a duras penas. Nin eles, nin a súa reitora Isabel Zendal, poden imaxinar de que maneira lles cambiará a vida a chegada do doutor Balmis e a súa expedición médica. Só o ilustrado doutor Antonio Posse Roybanes coñece a envergadura do propósito destes homes que pretenden levar a recentemente descuberta vacina da varíola ata o Novo Mundo. Vinte e dous orfos procedentes de Madrid, A Coruña e Santiago conformarán unha cadea humana “brazo a brazo” para levar a vacina aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas realizadas na historia da humanidade.

"Todos sabemos a importancia das vacinas para salvar vidas. O que tal vez non todo o mundo coñece é a historia dun grupo de nenos orfos que en 1803 saíron dun hospicio da Coruña para participar nunha das maiores xestas médicas realizadas na historia da humanidade. Levaron a vacina da varíola a América. E fixérono no seu propio corpo. A escritora María Solar, compañeira e presentadora da RTVG, decidiu contar a súa historia nun libro". 
Blog da autora
Entrevista en RTVG
Recensión na revista Muy interesante

Trailer:

No hay comentarios: