Grazas a Isabel Armesto onte disfrutamos da compaña de Marcos Calveiro e da súa obra As palabras poden matar. Nestos tempos convulsos, de viaxes cara á ningures, de tanta xente fuxindo, a fala é a nosa vía de escape, e como dí Antonio García Teixeiro
"As palabras poden matar é
unha novela valente. Pon o dedo na chaga nesa parte da sociedade na que morren
moitas persoas cada ano vítimas da violencia. Homes, mulleres e nenos que
semellan mudos, cegos, xordos, porque viven entre a miseria, o medo e baixo un estado
de terror constante controlado por un cacique cruel e asasino que ten ao seu
mando uns sicarios obedientes ata o límite.
Pero, tras a lectura desta historia, creo que
é a colonia de Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, a
verdadeira protagonista da novela. Seavia, dominada por Chibo e os seus
sicarios, convértese nun espazo no que os seus habitantes forman parte dun todo
que non ten fisuras. Cada un dos personaxes do barrio está atado a el e séntese
mimetizado coa dura realidade sen marxe de manobra. Perderon hai tempo os soños
de fuxir de alí e malviven aceptando a dura realidade.
Ao longo do relato
aparecen algúns intentos de rebeldía mais
fican sufocados polo medo e o terror que sofren. Todos son conscientes
de formar parte dun tecido case uniforme
debido a ese control asasino que exercen sobre el."
No hay comentarios:
Publicar un comentario