O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

21 de maio de 2020

#historiascativas de Rosa Aneiros


Desde Aulas Galegas vos achegamos unha iniciativa de Rosa Aneiros nas que, como ela misma dí:
 “#historiascativas nas que dialogo con personaxes de obras escritas e as sitúo en confinamento. Están subidas tamén en pdf e talvez poidan servir a alguén como material educativo xa que dialogo con obras de infantil e xuvenil que moitas leron e á rapazada tenlle a súa graza por falar do momento de actualidade inmediata.”“As Historias cativas. Son sete días e sete historias cativas polo tamaño e ambición, pero tamén pola súa natureza confinada. Trátase dun xogo no que dialogo con personaxes das miñas obras e os sitúo nun contexto de confinamento. Que lle acontecería a Eusebio e Patricia de Ás de bolboreta se o covid-19 os confinase xuntos? Como afrontaría Edelmira de Tres bichicomas, dúas illas e unha serea a distancia con Edelmiro? Que podería sucederlle á nai de Noelia e Miguel de A batalla da pequena Chañán Curi Coca cando baixa mercar o pan? Cal sería a conversa de Elba, a protagonista de “Deixando” sitio de Corazóns amolecidos en salitre co seu fillo Rodri?”
Podedes acceder ás publicacións en Facebook clicando na seguinte ligazón: HISTORIAS CATIVAS.


Nas fotos vedes as dúas ocasións nas que Rosa nos acompañou nos clubs de lectura.

Grazas Rosa



11 de marzo de 2020

Visita de Manuel Rivas


Para os que botades en falta esta reportaxe do 11 de marzo, non nos esquecimos, premede na galería para velas todas e descargalas... e todos coas nosas chapas e marcapáxinas para lembrar a visita:

 

Roteiro pola Pontevedra de María Victoria Moreno

Preme na imaxe para acceder


Premede na portada para revisar a súa obra