O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

1 de marzo de 2010

Eu de maior quero ser


Ainhoa, Cris, Fran, María e Miguel son cinco universitarios que viven nun piso da rúa Casa Reais na Cidade Vella compostelá e que están a punto de finalizar a carreira, agás o último ao que lle resta un curso. As diferenzas en canto a madureza, expectativas ou extraversións non impiden un ambiente de franca camaradaría e ansias revolucionarias ás que se lle intúe o final. Este final é en realidade a copia da transición da adolescencia á vida adulta, con todos os medos e incertezas que carrexa.
Como se mostra na obra, non todos serán capaces de facer realidade as ilusións creadas e haberá quen consiga o éxito persoal, quen quede só co profesional ou quen encalle nunha tranquila mediocridade. A pesar da boa relación entre o grupo, quedan ocultos, grazas a silencios cómplices ou á falta de perspicacia dalgún dos protagonistas, paixóns sentimentais enterradas ou sexualidades heterodoxas que non se é capaz de sacar á superficie.

En conxunto, a novela representa unha viaxe ao "modus vivendi" dos estudantes de Santiago e a un período vital imposible de esquecer pero que non volverá. No texto reflíctense os temas que máis preocupan aos mozos como as dificultades de alcanzar a estabilidade afectiva, os problemas da vivenda, do traballo ou a incerteza do futuro.

Non esquezades que a autora estará conosco
o vindeiro 17 na Casa das Palmeiras.

8 de febreiro de 2010

Mecanoscrito da segunda orixe

Se é certo que os extraterrestres aniquilaron a humanidade, quizais todos sexamos fillos de Alba e Dídac. ¿Será auténtico o manuscrito onde se conta a súa historia?

Resumo
No ano 7138 da nova era fíxose público O mecanoscrito da segunda orixe, un antigo libro, case esquecido, que enfronta ós especialistas. ¿É un documento histórico ou unha novela? O certo é que a historia que conta (a aniquilación da especie humana a mans dos extraterrestres e a loita pola superviviencia dun neno e dunha moza) ten un extraordinario poder de suxestión.

Así empeza
"Caderno da destrucción e da salvación.
Alba, unha rapaza de catorce anos, virxe e morena, viña da veiga da casa cunha patela de figos mouros, vendimiños, cando se detivo para amoestar a dous nenos..."

Reseña da editorial.
Ler o libro en castelá

26 de xaneiro de 2010

Ás de bolboreta


Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes de Ás de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009.
O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño…
Reseña de Rosa Aneiros en Xerais

14 de xaneiro de 2010

El polizón del Ulises

Jujú pasa as tardes no faiado da casa, que se converteu no seu barco, o «Ulises», a señorita Florentina (unha pomba) e o seu fiel Contramestre (un cadelo) acompáñanlle en todas as súas aventuras. Os días de Jujú son aburridos máis ben. Criárono tres tías solteironas, que o encontraron nunha seira fronte á porta de casa e só espera a hora da sesta para escapar ao «Ulises». Pero un bo día, a súa vida vese alterada pola entrada dunha polisón no seu barco-faiado. Un mariñeiro que se escapou das autoridades. Primeiro asustado e obrigado, pero coa íntima convicción de que o xusto é axudar ao polisón, Jujú axúdalle. Lévao comida e cúrao unha ferida. Pouco a pouco vanse facendo amigos e empezan a planear unha fuxida xuntos...

Entrevista coa autora.
A autora, Ana Mª Matute, con catro anos xa imaxinaba as súas historias e as reflexaba nos seus dibuxos.
Si queres ser escritor sigue o Decálogo para ser escritor da autora.
Páxina oficial da autora.

21 de decembro de 2009

Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake


A finais do século XVI, despois da derrota da Armada Invencible, Jovino vive diversas aventuras nas que coñece o amor, a amizade pero tamén a morte e o sentimento de vinganza. Nas augas de Porto Rico, suxire ao almirante Sancho Pardo de Donlebún unha trampa para atraer ao mítico corsario inglés.
Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake! é unha novela histórica de piratas, ambientada no século XVI, onde Gonzalo Moure recrea a historia de don Sancho Pardo de Donlebún, un antepasado seu, ilustre mariño castropolense que pasou a historia por ser o primeiro en derrotar ao lendario pirata Francis Drake, encargado polo goberno inglés de abordar e saquear aos galeóns que facían a rota do Novo Mundo cargados de tesouros.

Ficha da editorial.

Visita a reseña da visita de compañeiros doutro centro de Ferrol ao Pazo de Donlebún

Video sobre o asalto dos ingleses á Coruña: